Segundas partes non foron boas, pero como son un vago (máis ben non teño todo o tempo que me gustaría), cando me poño a escribir fágoo a lo loco, e para que vós non toleedes, divídoo en dúas partes para que a lectura se vos faga máis amena. Ale, vámonos de excursión.
Villa | Dresden
Despois das dúas sesións de Schulung, tocaron as Rundgang. Rundgang significa “tour”. E o tour, previo aviso por mail con fecha e hora, consistiu en ir a ver con máis compañeiros as plantas de producción de Radebeul e o almacén de Pirna. Radebeul e Pirna son os dous pueblos pegados a Dresden, para que vos fagades unha idea, digamos que traballo en Santiago e Radebeul e Pirna serían Ames e Teo, xa me entendedes. Pois eso, un par de semanas despois das sesións de Schulung, tocou visita a Radebeul.
Alá nos repartimos en varios coches e chegamos á planta de producción. Enorme, con zonas ben delimitadas. Todo moi ben delimitado. Despois dunha vista xeral en grupo, a cada un dos que fomos deixáronnos sós en cada unha das distintas zonas cun dos traballadores. Eu empecei na zona dos plotters, vendo cómo imprimen e dan forma aos tatuaxes de pared. O que fai o plotter é marcar cun punzón o tatuaxe no rollo de papel. O papel sae do plotter só cas marcas. O primeiro que pensei foi que non fixera nada no papel. Ata que me fixei e vin as marcas. Logo, nunha mesa, e cunha especie de cuchilla, outra persoa encárgase de levantar e retirar as partes marcadas no plotter, quedando só o tatuaxe ou vinilo adhesivo, como podedes ver aquí.
Despois tocoume ir á zona onde montan os lienzos. Cunhas tixeiras jrandes abondo recortan o que sobra do lienzo, deixándolle un borde para monta-lo no bastidor de galería (os marcos de toda a vida). Nas estanterías que rodean as mesas de traballo desta zona, acumulados teñen unha morea de pezas dos marcos cas distintas medidas. Aire de martillo e puntas, e listo, un lienzo do máis bonito montado en 10 minutos. Non recordo o número exacto de lienzos que cada traballador monta ao día, pero creo que andaban entre os 25 e 30.
Despois pasei á zona onde empaquetan os pedidos. Todo moi mecánico, en cada estantería todo moi ben colocadiño. As caixas sen montar que dous traballadores se encargan de darlle forma, as follas cas instruccións de montaxe, a factura, a folla de pedido, o sello de calidade, o número de seguimiento da compañía de tranportes e ala, celo e para o estante listo para ser “delivered“.
O máis chulo da visita foi o final. Xuntáronnos a todos outra vez na mesa do centro e alá nos deron a cada un un tatuaxe de pared (o dos patos que linkei antes) recén marcado no plotter. Aire de cuchilla e veña, a aprender cómo se fai. Tras algún tironciño de máis que case rompe a pegatina, pillámoslle o truco e alá marchamos pa casa cada un co noso tatuaxe propio e polo morrillo. E o máis importante, despois da visita a Radebeul notei cómo as miñas respostas e consellos aos clientes melloraron, porque coñecía mellor o proceso de fabricación e as pecualiridades de cada tipo de producto, vamos, que podía asesorar mellorar aos clientes.
Outro par de semanas despois tocoume ir a Pirna. Aquí foi máis xente que a Radebeul, en vez de 6 ou 7 fomos unha ducia de persoas en tres coches. Tamén viñeron os xefes de Departamento. Temos dous, a chica que estaba cando empecei e outro chico que leva dúas semanas, vanse complementar, él veu para mellorar o funcionamento interno e para temas informáticos, e estáo facendo moi ben. Aquí todo o mundo constrúe, cadaquén á súa maneira, pero desde que cheguei sempre se mellora algo. Eso é do que máis me gusta da empresa. Cada paso que se da é para progresar e para mellorar.
Que me desvío, segunda saída á dereita na rotonda e xa estamos. Destino: Pirna. Nunha explanada xa vexo ao fondo o cartel de mantiburi gembejá (as Sociedades Limitadas aquí chámanse GmbH, pronunciado como vedes escrito). O edificio é moi grande, alargado, non parece un almacén nin unha fábrica, senón que ten un aspecto de edificio sovietico, gris e gastado. Miro en frente e descubro con curiosidade que o almacén da empresa está en frente dun dos tantos museos da DDR que hai repartidos polo este de Alemania. Teño pendente unha visita alí que espero contar neste blog máis pronto que tarde.
Unha vez dentro, leváronnos a botar un vistazo ás instalacións. En Pirna só temos almacenados os murais de papel pintado, tanto para paredes como para portas. Hai moitísimas variedades, e están todos almacenados en estanterías co seu correspondente número. Novamente divididos en grupo, a min tocoume primeiro probar a pegar un mural de papel nunha das paredes do edificio. Así, en frío. Os murais miden normalmente 4 metros de largo por 2,80 de alto, e vendémolos divididos en 8 partes. Así que ala, a coller a cola e a pegar as 8 partes dun mural calquera.
E claro, de valiente foi primeiro o español. Aljén se ten que sacrificar polo ben da manada. Con chanclas y a lo loco (facía calor), alá me subín nunha escaleira coa parte número 1 chea de cola e comecei a pega-la. Desastre total. O mural tiña pouca cola e a parede menos aínda. A parte de arriba despegouse en medio minuto, doblando unha das partes. A parte inferior quedou decente. Cun rodillo repasei todo pero xa pouco remendei. Despois dos vaciles dos compis, alá me baixei e mirei o que facían o resto. Despois de tres ou catro partes colocadas, a miña era a máis decente. No grupo só se oían comentarios como: “agora podo entender as queixas dos clientes”, “claro, cando din que non pega ben, é certo” ou “pásalle a calquera, non botas suficiente cola e alá vai”. A verdade e que é difícil de carallo.
Pois eso, para saber cómo van as cousas, hai que proba-las. Moi constructivo e instructivo. Seguinte parada, a sala de empaquetado. Se a de Radebeul era bastante mecánica, esta máis. Benvidos a Alemania, paraíso do protocolo no traballo. Póñase cómodo, durante as seguintes 8 horas vai empaquetar unha media de 125 murais de papel. Así é, 125 murais ao día listos para ser enviados. Creo que nesta parte había catro traballadores, así que, sobre 500 murais ao día preparadiños para viaxar por toda Europa e adornar as casas de medio mundo.
Unha das chicas que alí estaba explicounos o que facía cada día (ler con acento vasco e coa cortinilla de Bricomanía de fondo). Material de traballo: estantería con 8 baldas, en cada unha delas e debidamente numeradas as partes que conforman o mural. De abaixo para arriba, empezando pola parte 1 e rematando na parte 8, ahí va la ostia. No lateral da estantería, un folio escrito á man indica cal é a parte de arriba do mural. Mecánica: separar un pouco cara fóra cada unha das oito partes que compoñen o mural, de maneira que asomen lixeiramente polo frente da estantería. Agacharse e agarrar a primeira parte, e mentres nos levantamos, imos collendo cos dedos facendo pinza as oito partes restantes, ata xuntalas todas fóra da estantería, nun movemento perfectamente sincronizado.
Unha vez que temos as oito xuntas, colocámolas, guiándonos polas indicacións do folio da estantería, coa parte inferior do mural no lado da mesa máis alonxado de nós. O lado que temos máis cerca nosa é o lado de arriba. Nel, collemos pegatinas do 1 ao 8 e pegámolas para que o cliente saiba a orde das partes e qué lado vai cara arriba- Unha vez feito isto, enrollámolo cuidadosamente, metémoslle uns folios no medio para non pegar o celo directamente sobre o mural, pegámoslle o sello de calidad e a folla de instruccións de montaxe e veña pa caixa listo para ser enviado. Y con estos sencillos pasos, ya tenemos nuestro mural de papel pintado listo para enviar a Donosti. E así 125 veces ao día. Tíralle do aire.
E non quedou ahí a cousa. Novamente nos puxeron a cada un diante un mural para cada un, e veña a enrrolla-lo tal e como nos enseñaron, aquí senón aprendes á primeira falo ti sólo para que vexas como é. Effizienz (eficiencia). Eso foi o que máis me chamou a atención, mentres pensaba no aburrido que ten que ser facer a misma operación 8 horas exactamente contadas ao día durante Dios sabe canto días ao ano. Buff.
O caso, xa para ir rematando, é que estas catro xornadas de Schulung e Rundgang servíronme de moitísimo. Ver o funcionamento da túa empresa desde dentro e ata poñerte mans á obra durante unhas horas coma se fose a túa ocupación, faiche entender mellor o traballo dos teus compañeiros, e faiche mellorar o teu propio traballo. Coñecer as fábricas, o almacén e poñer en práctica como se pegan e colocan os productos, permitiume desempeñar mellor o meu traballo e valorar máis o que fan os demais. Nesta empresa faise equipo día a día. Sempre co obxectivo de optimizar o funcionamento interno, pero sempre motivando e estimulando a implicación do traballador no día a día da empresa.
Aquí son moi ríxidos co protocolo. Para o bo e para o malo. A min gústame tratar de non segui-lo sempre que podo. No bo sentido. Explícome. No Departamento temos dúas impresoras en rede. O meu ordenador tiña configurada a impresora que me quedaba máis lonxe. Despois do cuarto día de camiñar sete ou oito veces medio Departamento, comentei en alto que a iba a cambiar e configurar a que me quedaba máis cerca. Razonamento alemán: “ah vale, espera que lle mando un mail ao Departamento de IT para que cha veñan cambiar”. Razonamento galego: “qué carallo, fedello eu e xa a cambio en dous minutos”. Gañei eu.
Esta era unha cousa moi básica e sinxela que puiden apañar, pero ás veces hai que seguir o protocolo. No lado bo, gracias ao protocolo antes do día 10 de agosto todos os traballadores tivemos que escoller as vacacións para o resto do ano. Nesas andivemos toda a semana, escollendo días. Con eso son moi rigurosos. Se tes días, tes días e colle-los e ninguén che mira mal. Se é o teu dereito, é o teu dereito. E se pides dez días e tes dereito a doce, vai a xefa e diche, faltanche dous. Para a semana imos ter un planning colgado co tódalas datas de cada un, e xa imos saber quen vai traballar en Navidade e quen vai traballar en Fin de Ano, por exemplo.
Cousas así dan confianza, aínda que pasei a semana agobiado porque supostamente no noso Departamento temos prohibido coller vacacións de decembro a marzo. O protocolo, parece que ás veces se rompe, e poderei voar uns cantos días a Galicia para estar cos meus pese ao Urlaubsperre (algo así como “bloqueo de vacacións”). Aínda non sei as datas fixas, pero son boas noticias.
E falando de Galicia, desde que vivo aquí decateime de que unha colonia de xente de Mazaricos vive en Alemania. Sí, sí, e falan alemán e todo. De feito son nativos. Pechan a boca, o que miña nai definiría como “falar con papas na boca”, cárjanlle ao acento sajón e veña a falar con seseo. Mi madriña, festival do seseo. É coma pasar pola Pereira, San Cosme de Antes e Masaricos sen levantarse da silla. Exquisitamente entrañable. Galicia non sempre está bañada polo Atlántico. Está onde un quere vela. Eu véxoa en toda partes. E tiro porque me toca.
E todo isto en alemán ? O dito q ten moito merito !!!
Que guay debe ser o alemán con acento de masaricos.
Jajajaja, mola moito, aos que falan así son son capaz de entenderlles a primeira palabra, a última, e unha ou dúas no medio, o resto sssshhhhhh
¡¡Gagunmimanto!! funcionen igualito, igualito que na mió empresa
Jajajaja, menos mal que estou en atención en cliente, que en marketing é todo o contrario, parece unha esmpresa española ese departamento jajajaja