Mindhunter relata a experiencia de John Douglas na Unidade de Ciencia do Comportamento do FBI e o modo no que as súas entrevistas cos asasinos en serie máis macabros contribuíron a perfilar e deter a outros criminais similares.
John Douglas é unha eminencia no campo da psicoloxía criminal. A súa historia, contada por él mesmo e por Mark Olshaker no libro “Mindhunter” , inspirou as personaxes de John Crawford na película “El Silencio de los Corderos” e de Holden Ford na serie que o aclamado David Fincher (Seven, Zodiac ou Perdida) dirixe para Netflix baixo o mesmo nome que a novela que hoxe vos recomendo.
A plataforma de series e películas online está sendo unha fonte de inspiración para buscar novas lecturas nos últimos tempos. O mesmo me ocorreu coa serie “Aquarius”, que me animou a profundizar nos crimes da Familia Manson e a descubrir o libro Helter Skelter, de Vincent Bugliosi.
Desta volta, Mindhunter reavivou o meu interese pola psicoloxía forense e os perfis de asasinos en serie que o FBI elabora recabando datos das esceas dos crimes ás que se enfronta. E se me permitides outra recomendación para estes tempos de confinamento, a serie Unabomber tamén escenifica con éxito a importancia dun perfil criminal á hora de acotar o círculo de sospeitosos dunha serie de asasinatos con características similares.
Unidade de Apoio á Investigación
John Douglas formou parte do FBI durante uns 25 anos, a maioría dos cales exerceu na Unidade de Ciencias do Comportamento. Alí encabezou o programa de perfís criminais do FBI e liderou a Unidade de Apoio á Investigación da axencia federal, onde chegou a asistir a departamentos de policía locais en máis de 100 casos de maneira simultánea.
Durante este tempo, Douglas viaxou por todo EE.UU. formando a corpos policiais de todo o país en técnicas de psicoloxía criminal baseadas nos datos recabados pola súa unidade en centos de esceas de crime e, sobre todo, gracias ás entrevistas que Douglas e os seus compañeiros realizaron aos asasinos en serie máis coñecidos da historia do crime americano: Ed Kemper, Ted Bundy, Charles Manson, David Berkowitz ou Richard Speck, por citar só uns poucos.
A experiencia de Douglas analizando esceas do crime por todo o país e falando cos asasinos en serie máis cruentos, foi determinante en numerosas ocasións para aplicar medidas proactivas que contribuiron a deter ou identificar a outros asasinos en serie. Estas medidas proactivas preparábanse en base aos perfís criminais que Douglas e os axentes da súa unidade elaboraban de xeito preciso detectando patróns repetitivos nas distintas esceas dos crimes violentos ou de natureza sexual que perpetraba o asasino de turno.
Tres antecedentes comúns
Que alguén presente estos síntomas non implica, por suposto, que o suxeito se convirta nun criminal. Simplemente son ingredientes comúns que se nunha etapa posterior se atopan cun detonante ou cun trauma severo poden resultar nunha conducta criminal ou asasina.
Edición mellorable
A lectura de Mindhunter é moi áxil e entretida. Unha vez superado o aspecto máis persoal de Douglas e a súa chegada ao FBI e á Unidade de Ciencia do Comportamento, sucédense as vivencias do autor sacadas dos seus encontros cos asasinos en serie e cómo as aplicou para resolver outros casos en marcha. Douglas exemplifica distintas estratexias proactivas que tiveron éxito e outras nas que o presunto asasino non puido ser apresado por falta de probas contundentes.
Os seguidores da serie recoñecerán diversos fragmentos que relatan algún dos casos representados na pequena pantalla na que, segundo o propio John Douglas, é a mellor recreación da súa persoa e do seu traballo na ficción.
Iso sí, a edición do libro deixa moito que desexar, con erros de bulto e diversas faltas de ortografía, así como numerosas preposicións e artigos que simplemente non aparecen. Un apunte para os que merquen o libro, a edición está impresa en México, polo que o vocabulario segue as regras do español de América: “departamento” para designar apartamento, “balacera” para referirse a un tiroteo, etc.
Pese a estes erros na edición, Mindhunter é un libro altamente recomendable para todos aqueles que sintan interese pola psicoloxía forense e os perfís criminais.
FICHA TÉCNICA
Título
Mindhunter, cazador de mentes
Autor
J. Douglas e M. Olshaker (traducción de A. Guelbenzu)
Ano
1.995
Edición
Primeira Edición (en castelán)
Editorial
Crítica
Data
2.018
O mellor
As medidas proactivas para cazar asasinos
O peor
Unha edición cargada de erratas
A miña nota
8.5/10
Mercar Mindhunter, cazador de mentes
One comment