Esa mesma tarde, no despacho do inspector, Torreira e Varela analizaron o contido do sobre. Rosario De la Torre deixara unha nota escrita a man no seu interior, dirixida ao axente Varela. Señor axente, pídolle desculpas…
Track 1: Poison
“Xa estaba. Conseguira facelo. O primeiro de todos fora o máis sinxelo en execución, pero o máis difícil por todo o que implicaba. Agora ninguén o podería deter. Comezaba o xogo. Tanto tempo agardando este momento…