De Radebeul a Pirna, e tiro porque me toca (parte I)

 

Vista do Elba desde Niederwartha, cerca do traballo

Algún día contareivos as cousas que menos me gustan de Alemania, pero de momento, seguimos coas boas!! Hoxe vouvos falar da “schulung”. Non, non, non vin a Dresden para ir á escola, que Don Paco sólo hai un!! Schulung, literalmente, significa formación. E iso é unha das cousas que máis me chamou a atención da miña empresa. Cada certo tempo, todo Dios a facer schulung!!

Villa | Dresden

Como xa vos contei algunha vez, a miña empresa (bueno, miña aínda non é, xa me entendedes) dedícase a vender murales de parede, vinilos adhesivos para decorar salóns, tapetes de lana, lienzos, adhesivos para azulexos, etc. Temos varios tipos de productos: os que son autoadhesivos (fotomurais, tatuaxes ou vinilos de parede), os que se pegan con engrudo ou cola (murais de papel pintado e os tapetes de lana), ou os que se colgan na parede (os lienzos de toda a vida).

Pois ben, cada un ten o seu aquel para pega-los na parede e que queden ben fixados, e non sempre se consigue, á vista dos centos de emails que non chegan á semana comentando algún problema co adhesivo ou co engrudo. Para ofrecer un bo asesoramento, os integrantes do Servicio de Atención ao Cliente temos que estar ao día e saber cómo se fixa cada un, qué hai que facer para que peguen ben, onde non se debe pegar, etc, etc. Iso funo aprendendo día a día durante as primeiras semanas de curro, preguntándolle aos compañeiros e anotando todo.

Ao primeiro costou, imaxinádevos, ter que aprender as diferencias entre murais adhesivos, con engrudo ou tapetes a simple vista é fácil, pero se o que tedes que aprender é como se di cada un en alemán, inglés, español e italiano e como funciona cada un ao mesmo tempo, pois xa vos facedes unha idea do cacao que tiven as primeiras semanas. Cal foi a miña sorpresa, que ás dúas semanas e media de estar no choio, chega un mail dicindome que o martes da semana seguinte tiña dúas horas de Schulung despois da pausa (inciso: os sustantivos en alemán escríbense con maiúscula).

 

Exemplos de fotomurales adhesivos

O primeiro que pensei foi: ¿escola? ¿escola de qué? Fixeime ben no mail e xa asociei mellor de qué se trataba ao ler “Produkt-Schulung”. Ah, carallo, agora si. Schule é escola, pero Schulung é formación. Alles klar. Ata que cheguei á Schulung en sí. Dúas horas de formación sobre calquer tipo de producto poden ser aburridas en español ou en galego, pero dúas horas de formación en alemán é o equivalente a recorrer o Camiño de Santiago facendo o pino. Bueno, sólo un tramo, pero chéjalle eh!!

Total, que como xa tiña algo frescos os conceptos, entereime de algo, porque se ma chegan a facer a primeira semana, keine Ahnung! (nin idea!). Realmente, esa parte chamoume menos a atención. Foi unha clase de dúas horas con 5 ou 6 persoas novas na empresa. A curiosidade empezoume a picar cando á semana seguinte recibo outro mail que di que temos outra sesión de Schulung o martes seguinte. Comecei a hiperventilar pensando noutras dúas horas intensas de clase en alemán, pero a miña cabeza obligábame a pensar en positivo: se tes que aprender o idioma, ¿haberá que aprende-lo non?

Pois eso, que a clase de hiperventilación non foi tal, senón que nesta segunda sesión puxémonos mans á obra. Sí, sí, por parellas puxémonos cada parella a pegar correctamente cada un dos distintos productos. ¡Non todo vai ser teoría! Cada parella comezou cun producto distinto e fomos pasando todos polos distintos tipo de productos. Primeiro os vinilos adhesivos, despois os vinilos para ventás que hai que humedecer un pouco en auga e desliza-los sobre o cristal, logo os tatuaxes de parede que teñen un proceso especial para que queden ben, logo os murais de papel e os tapetes de lana, ambos con engrudo. Vamos, que probamos con mostras pequenas cómo funcionaban todos.

Exemplo de mural de parede

E non só os do Departamento de Atención ao Cliente, tamén a xente de Márketing e os informáticos fixeron as dúas sesións. Unha boa maneira de implicarnos a todos no funcionamento da empresa. Gracias á Schulung puiden ver cómo funciona cada cousa e o traballo que costa leva-lo a cabo, puiden entender mellor as preguntas e dúbidas dos clientes, e de paso, puiden coñecer algo máis aos novos compañeiros e integrarme mellor no equipo de traballo.

Ese espíritu de equipo tamén se estimula a diario no Departamento. Tódolos mércores ás 2 temos unha reunión todo o equipo de Servicio de Atención ao Cliente para poñer en común as dúbidas, problemas da semana e casos con clientes difíciles para tratar de buscar unha solución entre todos. Os xefes de Departamento escóitannos e tratan de arranxar todos eses problemas, é frecuente que na reunión da semana seguinte nos digan: “por certo, o que falamos a semana pasada xa está arreglado, desde a semana que vén ides ter que tal e tal, e despois tal”. Así da gusto a verdade.

Na reunión da última semana veu a xefa xefaza da empresa e tan pancha, sentouse con nós na reunión e alá se puxo a escoitar os problemas dos seus empleados e a propoñer solucións coma unha máis. Moi entrañable e moi simpática, por certo. Nesa reunión o xefe de Departamento propuxo a idea de facer unha vez ao mes unha cena todos xuntos, para coñecernos mellor fóra do traballo e mellorar aínda máis o ambiente, xa de por sí moi bo. Non sei. Son detalles. Coma as excursións que fixemos a Radebeul e Pirna que vos conto na segunda parte desta entrada, que podedes ler aquí.

2 comments

  • Maria di:

    vaites! Esta semana precisamente estamos mirando de poñer un papel pintado no piso. Xa veo que estas feito un experto! Xa Che pediréi concello

    que bo rollo ña empresa . Igualito qu ña miña!!!!

    Ten moito mérito o do idioma. Un bico

  • Diego di:

    Jejejeje, cando queiras consello aquí estamos!!! O idioma ás veces frusta pero cada paso que das motiva máis aínda, un bico e gracias!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *