As horas extra da “xeneración perdida” (parte II)

Alemania e España

Esta entrada é a continuación da primera parte, que podes ler aquí. Nela, comecei a falar do diferente tratamento que teñen as horas extra en Alemania e en España, partindo da miña experiencia laboral nos dous países. O que comezou sendo iso rematou sendo unha reflexión sobre o papel que a sociedade nos está asignando aos mal chamados membros da “xeneración perdida”.

Villa | Dresden

Queda moito camiño, e teño moito que aprender, moitos pasos que andar para entender mellor o idioma, expresarme mellor, entender o carácter ás veces frío dos alemáns e convivir coa súa ausencia de limpeza ou coas súas comidas raras. Pero cando miro atrás, non me arrepinto de “deixar” o xornalismo (de maneira oficial, que non oficiosa, un é xornalista desde primeira hora da mañá ata última, todos os días do ano). Non me arrepinto de non tragar máis unha beca de 400 € en Marca TV, non me arrepinto de non deixar que me asoballasen por facer ben (qué carallo, moi ben ostia), un traballo que boto de menos e polo que debía ser valorado na súa xusta medida; non me arrepinto das horas extra que pringuei cada tarde en Pozuelo de Alarcón cos compañeiros de Marca Motor, porque aprendín moitísimo e porque disfrutei cada minuto extra editando vídeos e locutando pezas sen recibir nin pedir nada a cambio, só a satisfacción persoal (e de equipo) de facer ben as cousas.

Marca Motor

Non me arrepinto de plantar cara e deixar o meu posto de becario explotado para que outros 137 coma min pelexasen por el cobrando aínda menos, algúns nin cobrando (¡¡animaliños, eso é o que non tedes que tragar!!). Non me arrepinto de cambiar o plató da TV pola barra dun bar que me dou moitas alegrías, algunha moi moi grande, e experiencias persoais e laborais excepcionais, únicas e recomendables a calquera que teña inquietudes. Non hai que aceptar todo. Baixando a cabeza e dicindo que sí a todo, pensando que si non o fas ti faráo outro, estás contribuíndo a que a ti e a min nos chamen a xeneración perdida. Unha merda. Perdida para o que queda na casa e non o intenta. Perdida para o traballador de 50 anos que o acaban de botar e ten unha familia que manter. Eso sí que é unha putada.

Pero para ti que es coma min non. Ti que non tes cargas e tes formación non podes resignarte a quedar na casa e dicir que veñen mal dadas. Ti que estás preparado non podes baixar a cabeza e dicir que sí a ese traballo de 400 € porque virá outro detrás a colle-lo. Unha beca de 400 € debería ser unha oportunidade, unha porta de entrada a un mercado con perspectivas, non unha forma de “salvar” os próximos seis meses. ¿Salvar a quén? ¿A esa empresa que cando cumpras os seis meses vaiche cerrar a porta e vailla abrir a outro polo simple feito de que é máis barato ca ti? Veña home, eso non é un traballo, é unha escravitude e é aceptar que os que nos meteron neste buraco van ter máis razóns para facer o buraco máis grande e que non poidas saír del. Hai que perder o medo. Ir de frente e botarlle huevos ao asunto.

Eu teño unha Licenciatura, un Master, 10 días na Cruz Vermella, 7 meses nun bar e 4 meses traballando no estranxeiro. Desde que acabei a carreira no 2007 sólo estiven sen traballo entre 10 e 15 días. Se eu formo parte da xeneración perdida, que alguén tire a primeira pedra e me de con ela na cabezaNon deixes que che chamen iso porque aquí o único que se perde é o tempo. O que está jodido é o que ten bocas que alimentar e doelle o lombo o triple ca ti cando se levanta despois de durmir 6 horas.

Sin nada que perder

Claro, pensarás esto: ti dis eso porque a ti vaiche ben. Certo. Tiven unha sorte coma un mundo. Atopei traballo en Alemania sen papa de alemán e co único requisito de saber español. O meu caso é case único. Pero a min non me botaron de ningún traballo. Fun eu, por vontade propia despois de moita reflexión, o que decidiu non tragar con certas cousas. Tomei unha decisión e esas noites durmin mal. A miña cabeza non paraba de dar voltas. ¿Fixen o correcto? ¿Estás seguro do que vas facer? Bah, se son 400 euros, non é para tanto. ¿Pero ti como deixas ese traballo se hai 100 persoas desexando colle-lo? A verdade é que me encantaba ese curro. Cando tomei a decisión non sabía cando volvería a atopar un traballo así, nin sequera se volvería atopar traballo nos próximos 6 meses.

Pero a miña conciencia dicíame que non podía aceptar iso, que non tiña que ser así. Tomei varias decisións valentes e saiume ben a xogada. Din que o que arrisca non gana. Pero tamén hai cousas que se perden. Estou desexando volver á casa, quedanme poucos días para ir de vacacións. Non me dan chegado. Quero contarlle todo o que escribo neste blog a meus irmáns e a meus pais cunha cervexa na man, quero ve-los e gustaríame ter un traballo cerca deles. Gustaríame seguir xogando no Ames e indo a entrenar cos meus colegas, e que me contasen que todos teñen traballo e que as cousas melloran. Pero non se pode. Veñen dadas. Iso vai ser difícil que cambie.

Pero o que sí podemos cambiar e ese victimismo, amplificado pola situación que vivimos, dese termo acuñado para a xeración do 80 e pico. Os nosos pais pasaron unha dictadura, unha transición, un golpe de estado, un amago de crise e romperon o lombo para darnos o que eles non puideron ter. Non podemos devolverlle iso quedando na casa e esperando a que veñan tempos mellores, acomodados baixo ese slogan de xeneración perdida. Hai que moverse. Eu movinme, moitos coma min estánse movendo, e non falo de moverse no sentido de emigrar.

Se hai que facer números, ¡fanse!

Meu irmán traballa por horas, fai números para cadrar horarios entre semana e saca tempo para estar cos seus e facer máis horas no fin de semana cun apaño por aquí e outro por alá. Con un par. Meu outro irmán é autónomo, fai algún número máis e búscase a vida con curros ben apañados que lle van saíndo, con moita calidade, como podes ver neste link é un deseñador gráfico tremendo. E aínda teño outro irmán máis, que estudiou unha cousa pero traballa doutra, igual ca min. Leva 15 ou 20 anos na misma empresa, traballando de luns a sábado. Ningún parou quieto e non tiveron que emigrar. Pero ningún tivo reparos en traballar do que tocase. Na miña casa ensináronnos a valorar o que temos e a pelexar polas cousas, non a resignarnos. Hai que moverse ostia.

Hai que ter inquietudes, romper co establecido, levar a contraria e rebelarse contra o que non pode ser. Aceptar que somos unha xeneración perdida é o primeiro paso cara a perdición. Aceptar e tragar con todo o que consideramos inxusto é o segundo. Facer o que fan os demais só porque o fan os demais ben podería ser o terceiro, pero tampouco é cuestión de establecer un decálogo de cómo se pode perder unha xeneración. Para min a xeneración perdida é a casta de políticos que nos goberna, a casta de especuladores que nos meteron neste buraco, os manipuladores da opinión pública que nos dividen en beneficio propio. Esa é a auténtica xeneración perdida, porque con máis medios e avances ca nunca fixérono peor que ninguén. Pero moito peor.

Non deixes que che metan nese saco. A satisfacción persoal de estar fóra dese saco é enorme. Espero que o karma se siga portando como ata agora, toco madeira, pero se veñen mal dadas, o que non vou facer é deixar de pelexar e de intenta-lo. Xa o dicían Marvin Gaye ou Diana Ross: Ain’t no mountain high enough. A 2.500 kilómetros de distancia, anímovos a todos a que non vos deixedes contaminar por esa corrente. Pelexade e loitade polo voso. Non vale todo. Non vos deixedes perder polo simple feito de que volo repitan a diario. Que non vos convenzan. Hai que ser valentes. Unha das miñas cancións favoritas dos Rolling Stones di algo así como que nunca podes ter todo o que queres, pero se o intentas, consegues o que precisas. ¡Que ningúen cho impida!

4 comments

  • rocío di:

    eso, que o karma se che siga portando como ata agora que as ganas xa as pos ti.

  • Ana di:

    Totalmente de acordo. Se vos sodes a xeneracion perdida fruto dunha casta política perdida, como será a xeneracion q ven detrás???, porque a casta política parece q será a mesma ou moi parecida, veremos.
    Pois NON, non podemos esperar “VER”, nin esperar a descubrilo quedando de brazos cruzados ou de boca aberta. O futuro SI se pode cambiar, aprendendo do pasado!! Temos q educar a os nosos pequenos na loita, que non “traguen”, como ben dis, e a que se empapen de coñecementos, formación e experiencias que van a ser as suas armas para poder conseguilo. E o conseguirán. Os ingleses din “Life is what you make it”, por eso cada un ten q asegurarse de q se todo vai ben fará o posible para q valla mellor e si veñen dadas pois estar preparados para non acéptalas.
    Fdo:
    Unha galega, nativa inglesa, q odia aceptar as cousas porque sí!!

  • Diego di:

    Jejeje, gracias polos comentarios!!! Eso é, a seguir pelexando e ensinándolles aos que veñen detrás que non o van ter doado, aínda que saquen maioría ou sigan tendo o control das empresas, seguirán escoitándonos detrás da orella loitando polo que é de todos!!!

    Un bico!!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *