Xa é Nadal, ¡no corte alemán!

Dresden Weihnacht Markt

A Navidade chegou a Alemania. Aquí, coma no Corte Inglés, faino antes que no resto do mundo. Desde principios de novembro a xente xa comeza a falar do glühwein, os Christollen, os mercados de Nadal, a neve, a Weihnacht e o día de Silvester. Ireivos explicando nesta entrada qué cada cousa. E é que aquí, en Alemania, como me dixo alguén fai uns días: quen non vive o Nadal “fáltalle algho por dentro”. ¡Entrade que invito eu!

Villa | Dresden

Dresden. Luns 10 de decembro de 2012. Comezo a escribir ás 5 da tarde. É noite pecha desde as 4, unha das novidades que ofrece o decembro alemán. A temperatura supera levemente os grados positivos, entre 1 e 0, como moito 2. Hoxe apenas nevou, pero as estradas seguen cheas de neve, xa que este fin de semana fomos invadidos. Despois de varios amagos (un deles, ¡a finais de outubro!), a neve veu con forza da madrugada do mércores ao xoves. Onte nevou todo o día, desde a mañá ata ben entrada a noite, e durante os últimos días chegamos a estar de noite varias veces a -8º ou -10º C. Hoxe e mañá toca tregua, pero mércores e xoves agárdanse máximas de -5º e mínimas de -10º C, así que haberá tempo para ir acostumándose á neve.

Venres ás 7 da mañá
Este venres ás 7:00 da mañá

De momento o frío lévase ben, o peor virá en xaneiro e febreiro, cando chegaremos a -15 ou -20º graos, pero polo de agora ver as rúas e os edificios que ves tódolos días cubertos por unha capa interesante de neve, da unha nova perspectiva da cidade. É unha gozada. Os coches amanecen todos cheos de neve, e ahí ves aos alemáns sacando a neve a palazos das aceras e cunhas escobillas pequenas de enriba dos coches. Aínda hai algún valiente que ten o peito de coller a bici, pero estes días xa se viron menos, e os tranvías están máis cheos de xente que fai un mes. O mellor é para os nenos, que sacan os seus trineos cativos para deslizarse entre a neve, empezan a tirarse bolas uns ao outros ou improvisan bonecos de neve que resisten á intemperie.

Hai varios trucos para ir colléndolle o aquel ao frío. Ademais do gorro, os guantes e demais roupas de abrigo, os alemáns teñen outros recursos para tornar do frío. Unha boa cunca de té é un bo comezo para subirlle uns graos ao corpo, sobre todo se estás na casa, pero o producto estrela da Navidade e do inverno alemán é o Glühwein, perfecto para quentarse pola rúa. ¿Qué é o glühwein? Pois é un viño quente, dulce e especiado, que se soe servir nos tradicionais mercados de Navidade que adornan e dan vida a todo pobo alemán que se precie.

A receita do Glühwein varía un pouco según cada maestrillo, pero básicamente é viño quente con azúcar, especies fervidas en auga (canela, clavo, vainilla…) e cáscara de limón ou naranxa. Ao glühwein hai que sumarlle variantes coma o weiß glühwein, o mesmo pero con viño blanco, ou a glühbier, o mesmo pero con cervexa, que para algo estamos en Alemania. De momento só me atrevín co glühwein, e hai que dicir que quentar quenta o corpo, o sabor é un pouco extraño ao principio pero vaiselle collendo o gusto, sobre todo cando sintes que corre pola gorxa e che vai quentando por dentro.

Bota-taza con Glühwein
Bota-taza con Glühwein

Probei o primeiro glühwein e condicións no Dresden Striezelmarkt, o mercado de Nadal máis antigo de toda Alemania, que se ven celebrando cada ano desde 1434 no Altmarkt, a carón de Postplatz. Este ano cumpre a edición 578, ahí é nada. Paseando por este mercado un dase de conta da importancia que os mercados teñen na sociedade e na vida alemana. A parte de que cada mercado é un auténtico paraíso no que calquera neno (e non tan neno) se perdería horas e horas xogando e descubrindo novos detalles cos que quedar abraiado, a utilidade dos mercados vai moito máis alá do puramente navideño. Hai que recordar que aquí ás 4 da tarde anoitece, as horas do día son moi poucas e se un sae do traballo e se mete na casa porque está todo nevado e fai un frío que mete medo día sí e día tamén, o ánimo acábase mermando.

Os mercados de Navidade son un lugar de encontro, un reclamo para que a xente non se reclúa nas casas e faga vida social aínda estando a menos 7 graos con todo cheo de neve. Ademais de bonito, é necesario, útil e sano. E non só hai un. Ademais do Striezelmarkt, está un mercado máis cativo arredor da Frauenkirche, o mercado medieval onda o Desfile dos Príncipes, as carpas con postos navideños ao outro lado de Postplatz, etc., etc. En Radebeul, Pirna, Meissen e os pobos dos arredores tamén teñen o seu mercado. Se de 7 días que ten a semana un ou dous días saes, tomas un par de glühweins e acompañálos dalgún dos manxares que che ofrecen para comer, a semana e o inverno fanse máis levadeiros.

Mercado a carón da Frauenkirche
Mercado navideño a carón da Frauenkirche

Os manxares. Outra cousa boa dos mercados. Sí, tamén hai salchichas, pero hai máis variedade de cousas, fixádevos se hai variedade que non hai ningún kebab. ¡Iso sí que é incrible aquí! Hai para tódolos gustos, dulce e salado. Os máis destacados, pan ao forno recheo de queixo e xamón e con salsa de allo por riba; o Lángos húngaro, que é unha masa fritida en aceite con queixo raiado, salsas varias e xamón (tamén os hai con máis ingredientes); o Apfelstrudel, unha especie de hojaldre de mazá; e o Christstollen, un bizcocho con pasas recuberto de azúcar glass.

De todas estas cousas podemos desfrutar xa desde o día 28 de novembro, día no que abriu o mercado ao público. E é que aquí a Navidade xa se vive desde o día 1 de decembro, cando todos os nenos reciben o seu Adventskalender, o calendario de Advento. Desde o día 1 ao 24, os nenos van contando os días que faltan para a Weihnacht, o día de Navidade, descubrindo nun calendario decorado con motivos navideños, o que hai debaixo da casilla correspondente a cada día, que soen ser doces, algunhas veces, e chocolates, a maioría delas.

Dresdner Christstollen
Dresdner Christstollen, ¡a comer!

O día 6, pero de decembro, é tamén un día especial no Nadal alemán. Ese día chega Sankt Nikolaus, San Nicolás, o primo alemán de Santa Claus, que lle deixa aos nenos dulces e algún regalo dentro dos zapatos ou dos calcetíns que estes lle deixan na chimenea ou na porta da casa. San Nicolás tamén recibe o nome de Weihnachtsmann, literalmente o home da Navidade, cuia versión en chocolate é moi regalada tanto o día 6 coma o 24 de decembro.

Precisamente o día 6 de decembro o Weihnachstmann visitounos ao traballo en forma de repartidor de pizza, e alá fomos convidados pola empresa a pizzas e a Christstollen para todos nun día moi entrañable, que coincidiu ademais co primeiro día forte de neve, creando un entorno perfecto para o día de San Nicolás. A foto que vedes abaixo encontreina ao día seguinte no portal do piso dun amigo, ven a dicir algo así como: “gracias San Nikolaus polos cousas tan ricas que me deixaches nos zapatos onte, esperamos que che guste este queixo”.

Querido Nikolaus... ¡que aproveite!
Querido Nikolaus... ¡que aproveite!

E falando do traballo, o día 17 (un luns, estes alemáns sí que son raros!!) temos a festa navideña da empresa, xa vos contarei que tal, apenas sabemos detalles pero non é unha cea como sería en España, pinta máis ben a música, cervexa e glühwein, pero aínda non o temos moi claro.

Xa queda pouquiño para que cheguen os días fortes do Nadal, para nós o 24-25 e o 31-1, ademais do Día de Reis. Aquí o 24 tamén é un día especial, para pasar cos amigos e a familia. Ao día de fin de ano chámanlle Silvester, e a tradición aquí non fala de uvas, senón de champán e fogos de artificio a partir das doce. O día 6 de xaneiro en Alemania recibe o nome de Heilige Drei Könige, o día dos Tres Reis Santos, pero só é día festivo nas zonas católicas do país, máis ben cara o sur. Aquí a maioría é protestante e ese día non ten relevancia.

Vista frontal do Dresdner Striezelmarkt
Vista frontal do Dresdner Striezelmarkt

Xa é media tarde en Dresden, ás 7 parece que son ás 9 ou as 10 porque xa levas 3 horas de noite, é unha sensación extraña, parece que o corpo sigue vivindo con dúas horas de antelación, co horario á galega. Erguerse máis cedo e ir pa cama máis cedo son cousas que costan máis que acostumarse á neve. En quince días será Navidade, pasarei a noite do 24 por aquí entre a neve, o glühwein e a morriña. A Navidade aquí ten algo especial, vívese dunha maneira máis intensa e quizais menos artificial, pero nunca será comparable a unhas Navidades na casa. Encontrarte coa familia, ir de parranda cos irmáns e amigos e ver aos teus sobriños abrir os regalos de Reis, ¡iso non ten prezo! Afortunadamente voo a casa o 29, así que Fin de Ano e Reis estarei pola terriña, todo controlado. Ide sacando o turrón, os frutos secos e o licor café, ¡que o Nadal á galega está a chegar!

2 comments

  • Vitor di:

    Que familiar se me fai dende o viño quente ata as noites que comezan ás 16:00 horas…

    O apfelstrudel exqisito!!! (Ainda que eu coñecino en Viena)

    Boa entrada Diego!! E bo Nadal!!

  • Diego di:

    Jejejeje, gracias Víctor!! Acabo de descubrir tamén o teu blog, está xenial, xa che enlazo no meu!!! Pois agora que o dis o Apfelstrudel creo que é máis típico de Austria, pero como estamos ao lado… jejeje…. Unha aperta e bo Nadal!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *