No despacho do inspector xefe da Policía Local de Santiago, Antón Maio agardaba nervioso a chegada de Francisco Torreira e do axente Emilio Varela. A pesares da súa inesperada petición de axuda, o inspector non deixou que Antón os acompañase ao escenario do segundo crime. Tan só accedeu a que agardase no seu despacho ata que estivesen de volta.
Mentres, e para matar as horas de espera, Antón comezou a revisar e ordenar os apuntes que tomara desde a morte da primeira vítima, Remedios Castro. Desconcertado, deuse conta de que deixara de lado á vítima á hora de dar forma á súa teoría sobre o asasino. Non sabía nada dela. Nin a súa idade, nin a súa profesión, nin de onde viña.
¿E se iso desmontaba a súa teoría? O inspector Torreira apenas lle revelara detalles do crime, e él tan só se limitara a investigar a orixe da firma do asasino. E iso porque escoitara o que non debía. ¿E se había máis detalles do crime que se lle estaban a escapar? Antón comezou a suar e sentirse culpable.
O inspector Torreira tiña razón, estaba especulando coma un xornalista sensacionalista. Tiña que basear a reportaxe nos datos da investigación e non nas súas impresións persoais. Un xornalista debía preguntar, coñecer todos os puntos de vista e a partires de aí elaborar o relato do ocorrido tendo en conta todas as opinións. ¿E qué estaba a facer él? Inventar unha historia sen contrastar os feitos.
A longa espera estábao torturando, sumido nun mar de dudas como estaba. Perdera toda a seguridade que mostrara horas antes. Só se aferraba á idea de que o inspector Torreira accedera a aceptar a súa axuda, o cal quería dicir que os seus descubrimentos tiñan certo sentido na investigación que estaban a levar.
Para despexarse, sacou o teléfono móbil decidido a escribirlle un sms a Sara, outro dos asuntos que lle facía suar:
Ola wapa, qué tal? Eu avanzando na reportaxe co teu pai. Isto vai camiño do Pulitzer, jajaja… Un biko!!
Por máis que releía o sms seguíao atopando estúpido. Aínda así, decidiuse a envialo.
Xusto cando gardaba o móbil, sentiu balbordo no corredor da comisaría. Asomouse e viu cómo Torreira e Varela se dirixían con rostros serios ao despacho.
– O asunto é o seguinte, Antón -comezou o inspector, máis afable que de costume-. Temos dous cadáveres completamente desfeitos e sen ningunha pegada dactilar, e un asasino sádico que firma sempre co seudónimo que xa coñeces, Jimmy Zoso. Varela vaiche preparar dous dossiers completos con todos os detalles de ambos crimes. Xa che aviso, hai fotos e son moi fortes. O que tes que facer é examinar con detalle os dous escenarios e ver se es capaz de relacionar algo. Esta información é confidencial, Antón. Non estou autorizado a darcha, pero necesito a túa axuda. Non lla ensines a ninguén, e se alguén a descobre, cousa que non vai a ocorrer -enfatizou Torreira-, colléchela da comisaría sen permiso. Asumirás as consecuencias, ¿quedouche claro?
Antón tragou saliva e asentiu. Se quería axudar e avanzar na reportaxe, tería que arriscarse. Quería máis detalles das mortes e antes de que acabase o día ía a telos. Sentiu o peso da responsabilidade sobre os seus ombros. Volveu á realidade cando o inspector xefe retomou a palabra:
– Varela, despois de facer os dossiers ponte a investigar a Remedios Castro e ao cura. Busca conexións, averigua se se coñecían, se tiñan amigos en común, se coincidiran nalgún sitio, calquera cousa que nos axude a avanzar. Necesito algo sólido antes da rolda de prensa do luns. Temos que pillar a ese fillo do demo.