Track 14: Strange Kind of Woman

Emilio Varela saíu da sede da Arquidiócese de Santiago para dirixirse ao colexio La Salle, na rúa de San Roque. Despois de darlle o pésame en nome da Policía Local á diócese, conseguiu saír de alí coa promesa de recibir o listado dos crentes que fixeran o bautizo e a primeira comuñón co difunto Don Plácido Señarís.

De camiño ao seu próximo destino, Varela pensou no responso que lle botara o inspector pola mañá. Tiña que esforzarse por recuperar a súa confianza e deixar de xogar coas hipóteses de Antón. O caso é que o instinto dicíalle que as suposicións do rapaz eran acertadas. Ese mozo tiña algo que o facía especial. Podía chegar moi lonxe, escribindo reportaxes de investigación ou mesmo novelas de misterio. Imaxinación tiña de sobra.

Cando chegou ao colexio La Salle, Varela foi conducido ao despacho da directora, Rosario De la Torre. Era unha señora impoñente, desas que desprendían carácter e determinación a simple vista. Debía ter uns 60 anos, calculou Varela. A directora ofreceulle asento mentres o examinaba con receo, mirando por riba da montura das súas anticuadas gafas de pasta. Varela detectou certa tensión na súa anfitriona, pero decidiu romper o xeo con cortesía:

– Gracias por atenderme, señora De la Torre, imaxino que estará moi ocupada.

– Señorita -respondeu ela secamente-. Levo moitos anos casada coa comunidade educativa.

– Desculpe, señorita -Varela non sabía se a directora pretendía ser hostil ou se simplemente tiña esa gracia natural-. Serán só unhas poucas preguntas. Lamento moito a perda de Don Plácido, polo que oín era unha persoa moi querida no colexio.

– Sí, así é. Un profesor exemplar. Unha gran pérdida.

Varela non detectou nin un ápice de tristeza nas palabras de Rosario De la Torre. O seu rostro, impenetrable, tampouco transmitía reacción algunha. Non parecía ter moitas ganas de conversa. Decidiu ir ao gran.

– Xa sei que Don Plácido levaba moitos anos xubilado, pero sería de axuda se poidese recordar algún incidente con algún alumno, algunha queixa cara él ou calquera feito que nos poidese axudar na investigación.

– Non recordo nada -replicou, brusca-. Como lle dixen era unha persoa digna de admirar. Nunca houbo queixas sobre él.

– Entendo -Varela sentía que estaba a perder o tempo. Probou unha segunda vez-. ¿Qué tal era a relación de Don Plácido cos seus compañeiros? ¿Lembra algún profesor que non simpatizara con él?

– Señor Varela, levo máis de 30 anos como directora deste centro. Somos un dos colexios máis prestixiosos de Santiago. Non pretenda manchar o noso nome se non son quen de facer ben o seu traballo. ¿Algunha pregunta máis?

Varela tragou saliva. O ataque directo da directora deixárao sen argumentos. Só desexaba poder borrar canto antes da súa mente o sorriso cínico da señorita De la Torre. Sen embargo, non podía permitirse o luxo de volver do colexio coas mans baldeiras, ou do contrario o inspector Torreira retorceríalle as cirolas.

– A primeira vítima, Remedios Castro, era veciña do barrio. ¿Coñecíaa? ¿Lembra se foi alumna deste colexio? -Varela frunciu o ceño, sabía que aludir de novo ao centro iría na súa contra.

– Non, non a coñecía. É un nome que non me di nada. No listado que me pediu por teléfono pode comprobar que non foi alumna nosa.

Varela colleu o listado da man da directora. Tiña a sensación de que ela lle escondía algo, pero non sabía o qué.

– Gracias, directora. Se lembra algo que poida ser de axuda, chámeme. Ás veces a verdade doe, pero é necesaria para poder salvar aos que seguen entre nós.

https://youtu.be/C0mc5TX_Fo4

Diego Villaverde

Xornalista, aspirante a escritor e opositor de Lingua Castelá e Literatura afincado en Alemaña. Leo máis do que escribo e escribo máis do que estudo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *