Maus narra a historia de Vladek Spiegelman, supervivente do holocausto nazi, en forma de novela gráfica e desde a perspectiva do seu fillo Art.
O meu irmán Pablo tivo a ben agasallarme polo meu cumpreanos o cómic Maus, do historietista americano Art Spiegelman, na súa versión en galego. Esta novela gráfica, a primeira en ser galardonada co prestixioso Premio Pulitzer, narra a historia real de Vladek Spiegelman, pai do autor e supervivente de Auschwitz.
A portada do libro respeta a ilustración orixinal de Art Spiegelman, na que o rostro de Adolf Hitler aparece caricaturizado cuns bigotes de gato, superposto sobre unha esvástica de fondo. Hei de recoñecer que o traxecto en tranvía ata o traballo me producía certa incomodidade. Sempre procuraba abrir o libro de seguido sen andar aireando a esvástica innecesariamente. Aquí, calquera insinuación sobre o holocausto ou a sea mención ao termo “nazi” provoca miradas acusadoras e un rexeitamento profundo e instantáneo.
M
Unha das cousas que máis me chamou a atención deste cómic foi coñecer unha perspectiva distinta sobre as secuelas que o holocausto provoca nun supervivente. A maioría dos relatos sobre Auschwitz céntrase nas vivencias do campo e no seu impacto a corto prazo, pero Maus desvela moitas das secuelas que perviviron en Vladek trinta anos despois: segue sendo aforrador ata o extremo, prefire arranxar todo antes que gastar en algo novo, é desconfiado, é incapaz de tirar comida e séntese culpable por sobrevivir á barbarie nazi.
Un formato orixinal
Ademais da historia de Vladek e das súas astutas maniobras de supervivencia, o que fai especial a Maus é tamén a orixinal forma de contar a historia que escolleu Art Spiegelman. O autor representa aos distintos protagonistas da historia como animais: os nazis coma gatos cazadores, os xudíos polacos coma ratos cazados (Maus en alemán significa “rato”), os polacos non xudíos coma porcos e os franceses coma ras.
A lectura de Maus pareceume áxil, cruenta e didáctica. Unha lectura recomendada para todos os públicos, polo seu trasfondo histórico e o seu formato atractivo. Como dato curioso, destacar que Vladek fala un galego por momentos incorrecto, unha traslación acertada da obra orixinal, na que Vladek fala un inglés cheo de erros debido ao ser carácter de yiddish falante.
FICHA TÉCNICA
Título
Maus
Autor
Art Spiegelman (tradución de Estela Villar Nogueira)
Ano
1.979
Edición
Primeira Edición (en galego)
Editorial
Rinoceronte Editora
Data
2.017
O mellor
O realismo da historia
O peor
Que a historia ocorreu de verdade
A miña nota
9/10
Mercar Maus
Boa análise, alégrome moito de que che gustara!