La Sombra de Poe

La Sombra de Poe, de Matthew Pearl (2006)

“La Sombra de Poe” é un retrato histórico en clave de novela dos feitos que rodearon a misteriosa morte de Edgar Allan Poe.

Matthew Pearl foi un autor que descubrín de casualidade fai uns quince anos gracias a “El Club Dante” (2003), a súa novela debut, que lin en segundo ano de carreira e da que gardo moi bo recordo. Nela unha serie de traductores da “Divina Comedia” de Dante, entre os que se atopan poetas coma Longfellow, Wendell Holmes e Lowell, descobren unha relación entre unha serie de asasinatos ocorridos no Boston na segunda metade do XIX e o inferno descrito na obra do autor italiano.

A miña segunda incursión na obra de Matthew Pearl foi “El último Dickens” (2009), na que desta vez as mortes suceden en tres escenarios distintos (Londres, USA e a India) e relaciónanse coa última obra inconclusa do autor de “Un cuento de Navidad” e “Oliver Twist”. “La Sombra de Poe” foi a miña terceira incursión no universo Matthew Pearl, e para min, a peor das tres.

Rigor histórico e ficción

Son innegables a precisa recreación histórica e o apego aos feitos de Pearl, pois “La Sombra de Poe” esconde un traballo de documentación e investigación brutal. Isto converte en ocasións a narración en algo tediosa, cun argumento xa de por sí enrevesado e un protagonista ficticio, Quentin Clark, por momentos exasperante.

Con todo, hai detalles destacables que lembran ás narracións de Conan Doyle e Agatha Christie, como a narración en primera persoa de Clark -que recorda tamén ao propio Poe-, metade investigador e metade observador dos avances deductivos dos dous investigadores estrela desta novela: o ambicioso barón Dupin e os pasivos razonamentos de C.Auguste Duponte. Aínda que o enfrentamento intelectual entre ambos é un dos elementos máis destacables da novela, ningún dos dous está altura nin de Sherlock Holmes nin de Hercules Poirot. E probablemente tampouco o pretendese Matthew Pearl.

O que pretende é, apoiándose nos feitos históricos que rodean á misteriosa morte de Edgar Allan Poe en Baltimore en 1849, reconstruir os pasos do poeta nos últimos cinco días da súa vida. Para iso vivimos as peripecias do narrador, Quentin Clark, que se obsesiona coa figura de Poe tras presenciar por casualidade o seu pobre enterro e ser consciente da súa escasa reputación literaria. A partir de ahí a historia enrédase coa aparición dos dous investigadores arriba citados, os parentes cercanos a Poe, unha rama americana da familia de Napoleón Bonaparte -todas elas personaxes reais- e as vicisitudes personais do narrador, personaxe ficticia que ensambla a obra.

A lectura de “La Sombra de Poe” engancha por momentos e vólvese tediosa en ocasións. A trama tarda en arrancar e por momentos enrédase de máis entre baile de datas, actores, motivos, etc. A linguaxe, moi realista e de época, nalgúns intres torna cansina e pesada, ao igual que a lentitude do narrador en captar xiros da trama que o propio lector xa intúe de inmediato. Tamén o final da trama se fai de rogar, con varios amagos de peche da historia e novas aclaracións sobre asuntos que parecían xa despachados.

Mercar aquí. E para máis recomendacións de lecturas, pulsa aquí.

 

FICHA TÉCNICA


Título

La Sombra de Poe


Autor

Matthew Pearl (tradución de Vicente Villacampa)


Ano

2.006


Editorial

Punto de Lectura


Data

2.013


O mellor

A dupla formada polo barón Dupin e Bonjour


O peor

A exasperante lentitude do narrador


A miña nota

6.5/10


Mercar La Sombra de Poe
portada La Sombra de Poe
Portada de "La Sombra de Poe"

Diego Villaverde

Xornalista, aspirante a escritor e opositor de Lingua Castelá e Literatura afincado en Alemaña. Leo máis do que escribo e escribo máis do que estudo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *