Helter Skelter de Vicent Bugliosi
Portada del libro

Helter Skelter, de Vincent Bugliosi: “Charles Manson quiso que sus asesinos estuvieran en pleno uso de sus facultades”

Helter Skelter de Vincent Bugliosi narra, desde o punto de vista do axudante do fiscal encargado do caso, o proceso xudicial polos asesinatos Tate-La Bianca que rematou co encarceramento de varios membros da autodenominada Familia, liderada por Charles Manson.

helter skelter de vincent bugliosiA serie de televisión Aquarius, protagonizada por David Duchovny (sí, o Mulder de Expediente X e o Hank Moody de Californication), espertou o meu interese pola historia do asasino Charles Manson e o poder manipulador que este exercía sobre a súa Familia. Así se autodenominaba o seu grupo de seguidores, que pasaría a finais de 1969 á historia como a autora dos sanguentos crimes Tate e La Bianca. Neles, sete persoas foron brutalmente asasinadas. Unha das vítimas presentaba 51 coiteladas, para que vos fagades unha idea.

A serie, ambientada na California de finais dos sesenta, recrea os inicios da comuna hippie fundada por Manson na que o sexo, o amor libre e as drogas eran os principais vínculos de unión. Entremedias, Aquarius retrata os enfrontamentos raciais que, entre outros detonantes, motivaron o helter skelter que describe Bugliosi no seu libro, escrito conxuntamente con Curt Gentry.

Cando rematei a serie, atraído polo poder de persuasión e control de Manson sobre a Familia -formada sobre todo por menores de vinte anos-, indaguei na rede e atopei o extenso libro Helter Skelter de Vincent Bugliosi. Nel, o axudante do fiscal do Distrito do Condado de Los Ángeles, narra os asesinatos, detención e posterior procesamento xudicial dos autores dos citados crimes (e doutros que foron saindo á luz na investigación). Bugliosi foi o principal defensor -incluso se podería dicir creador- da teoría do helter skelter, termo asociado a unha atracción en forma de espiral, utilizado para describir unha sensación de descontrol ou caos.

“Bugliosi: aunque, como iba a saber, las drogas fueron uno de los diversos métodos utilizados por Manson para conseguir el control sobre sus seguidores, no intervinieron en aquellos crímenes, por un motivo muy sencillo: aquellas dos noches de salvaje carnicería, Charles Manson quiso que sus asesinos estuvieran en pleno uso de sus facultades”.

Helter Skelter de Vincent Bugliosi

Segundo a teoría do helter skelter, Manson estaría alarmado polo ascenso social da minoría de cor. Ansioso por unha guerra racial entre brancos e negros –nos que os segundos resultarían vencedores-, o seu plan consistiría en fuxir coa súa Familia cara o deserto ata que a guerra racial finalizase. Unha vez finalizada, a Familia rexurdiría coma os únicos supervivientes brancos capaces de liderar aos ineptos negros, incapaces de gobernarse a sí mesmos (sic).

Así o argumentaba o propio Vincent Bugliosi na exposición de apertura do xuízo, ante a incredulidade dos avogados defensores, que ata ese intre non tiñan nin idea do helter skelter: 

“Manson se imaginaba que los negros, una vez que hubieran aniquilado la raza blanca entera, serían incapaces de llevar las riendas del poder por su inexperiencia, y por lo tanto tendrían que entregárselas a los blancos que hubieran escapado del Helter Skelter, es decir, a Charles Manson y su Familia (…) las pruebas demostrarán que (la filosofía de Manson) es tan extraña y estrambótica que si lo oyeran de labios de solo una persona probablemente no se lo creerían”

A publicación do “White Album” dos Beatles en 1968, no que se inclúe o tema Helter Skelter, sería unha revelación para Charles Manson. Este sentiríase profundamente identificado, e incluso directamente interpelado, polo contido das letras deste disco. Manson sentiu que as súas teorías apocalípticas eran por fin entendidas e extendidas, algo que levaba anos intentando a través da súa música. Música que fora rexeitada por Danny Wilson, integrante dos Beach Boys co que tivo unha breve relación de amizade e por Terry Melcher, antigo dono da casa de Cielo Drive onde foron asasinados Sharon Tate e os seus amigos.

Manson, impaciente porque a guerra racial non chegaba, posto que os negros estaban despistados por ter acceso ás mulleres brancas (increíble, pero certo!), decidiu adiantar o helter skelter e camuflar como raciais os crimes feitos pola Familia baixo ás súas ordes. Isto explicaría, segundo Bugliosi, as pintadas feitas co sangue das vítimas dos crimes Tate-La Bianca: death to pigs (“morte aos porcos”, en referencia ao establishment, á clase acomodada), arise (lévantate!) e healter skelter (escrito así, cunha “a” de máis).

Charles MansonModus operandi Manson

modus operandi para provocar o Apocalipse era simple. Escoller casas ao azar de barrios “ben”, entrar de noite e sen previo aviso, e matar a todo o que tivese o infortunio de atoparse no seu domicilio nese intre. Así sorprenderon Susan Atkins -alias Sadie-, Charles Tex e Patricia Krenwinkel (máis Linda Kasabian, que permaneceu fóra do domicilio viaxiando), a Sharon Tate, actriz e parella de Roman Polanski, de quen estaba embarazada de oito meses e medio.

Con ela atopábanse Abigail Folger, Jay Sebring e Voytek Frykowski, que perderon a vida esa noite de maneira tráxica e salvaxe. O mesmo lle ocorreu a Steven Parent, que pasaba por alí e recibiu tres disparos mortais. O mesmo modus operandi seguiron Sadie, Tex, Krenwinkel, “Clem” Groger e Leslie Van Houten ao día seguinte no domicilio do matrimonio La Bianca.

Esa mesma noite, na que os asasinos visitaron ata tres domicilios máis con intencións homicidas, o azar e as circunstancias evitaron que a traxedia perpetrada pola Familia Manson fose aínda maior.

“-¿Por qué, Sadie?.

– Porque -contestó Susan- queríamos cometer un crimen que asustara al mundo, al que el mundo tuviera que prestar atención-. ¿Pero por qué la casa de Tate? La respuesta de Susan fue escalofriante en su sencillez-: Está aislada”.

Helter Skelter de Vincent Bugliosi narra con todo luxo de detalles, arredor dunhas 800 páxinas, as esceas dos crimes Tate e La Bianca, cometidos o 9 e o 10 de agosto de 1969. Bugliosi tamén detalla as investigacións e sucesivos erros policiais, os testemuños dos acusados, as maniobras perturbadoras de Manson -quen chegou a controlar e manipular a todo o equipo de avogados defensores- e o seu posterior encarceramento. Un libro interesante e cheo de pasaxes escalofriantes, coma a narración dos asasinatos por parte de Sadie, fría e sen un ápice de remordimento.

E tamén datos incribles, coma a falta de coordinación entre os detectives dos casos Tate e La Bianca, que ignoraron ao día seguinte dos crimes unha pista decisiva que podería ter relacionado os casos desde o principio e adiantar a súa resolución.

Este libro, totalmente recomendable para os amantes do mundo criminal, permite ademais indagar na mente dun dos asasinos máis famosos da historia e cun proceder nada ortodoxo, máis aínda se temos en conta que non executou a ningunha das vítimas dos crimes Tate e La Bianca: no primeiro caso, nin estivo presente e, no segundo, entrou de primeiro na casa, atou ás dúas vítimas e saíu para que os seus seguidores acabasen a faena. O ansiado helter skelter de Manson nunca chegaría, aínda que algo sí se cumpliría, a Familia -cando menos algúns dos seus principais membros- permanecería recluída no “deserto” do sistema penitenciario americano durante décadas.

Comprar online Helter Skelter

 

FICHA TÉCNICA


Título

Helter Skelter


Autor

Vincent Bugliosi e Curt Gentry


Ano

1.974


Edición

Primeira Edición (en castelán)


Editorial

Editorial Contra


Data

2.019


O mellor

O detallado retratado que Bugliosi fai da Familia Manson


O peor

A súa extensión fai que non se lea en dúas tardes


A miña nota

8.5/10


Mercar Helter Skelter
portada Helter Skelter
Portada de "Helter Skelter"

Diego Villaverde

Xornalista, aspirante a escritor e opositor de Lingua Castelá e Literatura afincado en Alemaña. Leo máis do que escribo e escribo máis do que estudo.

3 comments

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *