Villa | Dresden
A finais de maio despedínme da cidade na que vivín os tres últimos anos, Madrid, e do traballo que realicei como camareiro durante sete meses no bar galego Meigas, Pulpo & Friends do barrio de Chamberí. Unha experiencia maravillosa, tanto profesional como persoalmente. Agradézolle moitísimo aos seus donos e aos meus clientes e amigos, todos os bos ratos que me fixeron pasar alí, algúns moi pero que moi especiais. Sempre gardarei no meu corazón un oco ben ben grande para ese recuncho máxico. Débolle moito, moitísimo, a ese lugar.
O caso é que despois dunha semana enteira de despedida tras despedida (creo que nunca tantas veces me deitara coa luz do día nunha mesma semana…), tocou unha semana de relax coa familia en Ames. Foi corta, pero moi intensa e satisfactoria, e aínda que xa se bota de menos, sobre todo nesta época de verán e festas tradicionais con bochinche e orquesteo, o cambio valeu a pena. Vaia se valeu.
O 26 de maio aterricei en Berlín, capital de Alemania, ese país no que se fala tan raro e que nos ten collido polos huevos ao resto de Europa. Alí pasei dous días desfrutando do Karneval der Kulturen, unha macrofesta polas rúas da cidade con música, disfraces e moi bo ambiente que merece a pena vivir. Xa que este ano me quedei sen Entroido á Barcalesa, qué carallo, ben merecido que o tiña ¿non?.
Dous días despois xa me atopaba no meu destino final, Dresden, a capital de Sajonia, a Florencia do Elba. Bañada por este longo e fermoso río, Dresden é unha cidade da Alemaña do Este na que conviven en armonía os vestixios do antigo réxime soviético coa modernidade e o progreso do século XXI. Con algo máis de 500.000 habitantes, Dresden está dividida en dúas partes, a parte nova (Neustadt) e a cidade vella (Altstadt). O curioso disto é que a parte nova ten un aspecto máis vello e gastado que a parte vella. Agora vos explico por qué.
Neustadt é un barrio cultural, bohemio, alternativo e en certo modo independente, que co paso dos anos aínda consegue manter parte da súa esencia. En Neustadt é moi difícil atopar unha Coca-Cola. Aquí teñen a súa propia cola, Fritz-Kola, que aínda que é unha marca recente, deste século, non deixa de ser un rasgo indicativo do carácter romántico e anticapitalista deste barrio. Un barrio que trala caída do muro de Berlín decidiu montar a súa propia República Independente.
Desde 1990 celébrase tódolos anos no mes de xuño, a Bunte Republik Neustadt, o que vén sendo algo así como a “República Colorada de Neustadt”. Comezou tendo goberno propio, un límite territorial delimitado por pintura branca e o seguinte lema: “Aquí comeza o territorio libre”.
O seu símbolo era e é unha bandeira da República Democrática Alemana cunha cara de Mickey Mouse debuxada no centro, unha pequena mofa do caos político e social experimentado trala Guerra Fría e a caída do muro de Berlín. Ao pouco o goberno desfíxose e a Bunte Republik Neustadt converteuse nunha festa alternativa e independente que ao longo de tres días envolve as rúas do barrio no espírito daquela pequena micronación. Por certo, o festival cada vez está máis invadido pola modernidade, os postos de pizza, kebab e salchichas loitan por facerse un oco entre os concertos improvisados, os bailes rexionais ou o intercambio cultural entre persoas de mil e un lugares distintos.
O caso é que Neustadt, a parte nova da cidade, segue mantendo unha parte do aspecto demacrado e gris da época soviética, e Altstadt, a parte vella, experimentou unha remodelación brutal nos últimos anos. Iso sí, unha remodelación ben feita. Unha renovación estudiada, guiada e respetuosa. Altstadt hoxe é a tradición feita modernidade.
A parte vella de Dresden foi derruída unhas cantas ocasións. A máis sonada e espectacular foi en 1945, cando as forzas aéreas aliadas bombardearon o casco antigo desta cidade, que apenas tiña papel estratéxico algún na Segunda Guerra Mundial. Escollérona porque servía de exe ferroviario con Berlín, Viena, Münich e varias cidades polacas e checas. Iso foi a xustificación, xa que a verdadeira razón foi máis ruín: os aliados querían dar un golpe enriba da mesa e demostrar o seu poderío aéreo a escasas semanas do remate da Guerra. Delirios de grandeza da maquinaria bélica.
Entre o 13 e o 15 de febreiro de 1945, un milleiro de bombardeiros lanzaron unhas 4.000 toneladas de bombas sobre a zona vella de Dresden, acabando coa vida de entre 22.500 e 35.000 persoas, e destruíndo por completo os símbolos da cidade como a Frauenkirche, a Semperoper, a Sophienkirche ou o palacio Zwinger. No núcleo do bombardeo, a temperatura chegou a superar os 800 grados centígrados e mesmo hai quen asegura que se sobrepasaron os 1.000 grados.
En 1993 retirouse pedra por pedra os escombros da Igrexa. Cada unha das pedras foi catalogada, medida e reutilizada na reconstrucción (ao redor dun 43% da construcción orixinal). O resultado final é unha Igrexa impoñente con pedras de dúas cores: o negro escuro das pedras antigas e orixinais, e o beige pedra da reconstrucción, como podedes comparar na foto de abaixo. En 2005 consagrouse de novo a Frauenkirche, símbolo da supervivencia desta cidade inmortal que sobreviviu tamén a outros dous bombardeos no séxulo XVIII e a varias inundacións en 1784, 1799, 1845 e 2002 (esta última a máis grande e devastadora de todas).
O resto dos edificios históricos de Altstadt tamén foron reconstruídos e renovados, salvo o mosaico do Desfile dos Príncipes, un poucos puntos da zona vella que sobreviviu intacto ao bombardeo de 1945, xa que estaba protexido por diante e polos lados polo resto dos edificios emblemáticos de Altstadt. Só houbo que repoñer 200 azulexos das 24.000 teselas de porcelana de Meissen. Increíble.
Unha vez explicado por qué a parte vella de Dresden é máis nova que a parte nova (¿vaia lío non?) e por qué esta cidade ten tanto encanto (por moito que escriba, ata que o vexades non o ides entender), penso que é hora de compartir a miña experiencia laboral, idiomática e integradora neste primeiro mes de convivencia noutro país. Para non vos facer tan pesada a lectura, finalizo aquí esta entrada, e continúo na parte II da entrega “Vente pa’ Alemania Villa”, que podes ler aquí.
me alegro por ti, Diego !! disfruta de esos ánimos que te dan en el trabajo!!Donde trabajo no es nada habitual…de todas formas no olvides que todo va encaminado a mejorar el redimiento.RRHH ni más ni menos!!! Disfruta de tu nueva ciudad!!
BKS tb de Xian
Gracias Marta!! Hoy voy a escribir otro poquito, y no vi tu comentario hasta ahora, que despistado jajaja… es que tengo que entrar de vez en cuando a ver los comentarios y siempre me olvido!
Si, aquí todo va pensado a trabajar y trabajar, tiene sus cosas buenas y malas!! Un bikiño para ti y para Xián, gracias!!