O asasino non tivera que facer ningún exorcismo nin invocar ao diaño, pensou Antón mentres examinaba as fotos do escenario na comisaría, pero tiña que recoñecer que a súa forma de pechar a fiestra aberta facía 32 anos fora brillante. A vinganza perfecta. Todos os implicados no escándalo sexual foran caendo un a un. A vítima delatora, Iolanda López; o xusticieiro, Plácido Señarís; a encubridora, Rosario De la Torre; e os cómplices da agresión, Alfonso Sánchez e Xaime Silveira.
Antón aínda tiña algunhas preguntas sen resolver, pero a grandes rasgos, o círculo vingativo estaba pechado. Alfonso Sánchez quitárase a vida él mesmo pero, ¿por qué fora o asasino a por Xaime Silveira? ¿Quería Miguel Fuentes borrar todas as pegadas do pasado? ¿Acaso non violaran os dous a Iolanda López e sufriran á súa vez os abusos de Plácido Señarís? Por dicilo dalgún xeito, ¿non estaban os dous no mesmo equipo, o dos agresores agredidos? Antón tiña a sensación de que se lle escapaba algo, pero ata que atrapasen ao asasino non ía obter as respostas que buscaba.
Cando Varela lle enviou as fotos ao axente Lemos por whatsapp, Antón recoñeceu de seguido o verso It’s been a long time como a apertura da canción Rock and Roll, da súa banda favorita: Led Zeppelin. Comparou o resto de versos da letra co escenario do crime, pero Antón non era quen de atopar conexión algunha. Ningunha referencia á Biblia, ao crucifixo, a penes cortados ou ao taboleiro de Ouija. Por primeira vez, o asasino non adornara o escenario do crime seguindo a canción escollida.
Algo andaba a rebulir na cabeza de Antón. Miguel Fuentes deixáralles unha mensaxe distinta pero, ¿con qué intención? Volveu a repasar os versos por enésima vez mentres Lemos, ao seu carón, debuxaba formas xeométricas nunha folla de papel. Sinalou os máis significativos:
“Déixame volver, nena, de onde eu veño.
Pasou tanto tempo,
un tempo longo, longo e solitario.
Pasou tanto tempo desde o libro do amor,
que non podo contar as bágoas dunha vida sen amor,
facendo promesas que non poden funcionar”.
Ao ler os versos así, illados do resto da letra, Antón comprendeu as diferencias entre este crime e os anteriores. Fuentes utilizara as letras para xustificar os asasinatos: a lingua velenosa e delatora de Iolanda López; o santo pecador no que se convertera Señarís ao abusar del; e o gatillo executor de Rosario De la Torre, que o expulsara do colexio. Pero nesta ocasión, o asasino non estaba xustificando a morte de Xaime Silveira. O que estaba a xustificar era a vinganza en sí, no seu conxunto.
Fuentes quería fuxir dos actos pasados, pois levaba 32 anos chorando en soidade polo amor de Iolanda López. O verso facendo promesas que non poden funcionar, sen dúbida facía referencia ao pacto de silencio imposto pola señorita De la Torre. O asasino quería volver atrás, ao lugar de onde viña, a aquela aula gris do ano 82, cando o seu amor por Iolanda López era aínda puro e inmaculado.
O único que non encaixaba neste esquema era a figura dese mozo namorado que abusa da súa amada. ¿Qué o levara a facer iso? Había unha peza solta que Antón aínda non conseguira encaixar.
Decidiu informar a Torreira e a Varela, que seguían na casa de Silveira, acerca das súas suposicións. Tralo achado do corpo da cuarta vítima, o inspector estaba coordinando o dispositivo de búsqueda e captura de Miguel Fuentes. Serían unhas vésperas do Apóstolo do máis movido.
Cando o inspector respondeu ao teléfono, os maiores temores de Antón cobraron forma.
O asasino secuestrara a Sara.