Antón sentiu cómo Torreira e Varela lle cravaban a mirada. O plan de tenderlle unha trampa ao asasino levantara máis expectación da que él mesmo desexaba. Lamentou ter dito o que pensaba en voz alta, pero agora que xa o soltara, estaba obrigado a contalo. Só agardaba que a ningún dos dous lles parecese unha tolemia.
– Ben, a ver que vos parece. Acábaseme de ocorrer -Antón non paraba de dar rodeos-, pero penso que pode ser unha boa forma de desconcertar ao asasino.
– ¿Queres arrancar dunha vez? -berroulle o inspector, impaciente. Varela asentiu, máis calmado, dándolle a Antón o empurrón que precisaba.
– ¡Reuniremos a todos os alumnos e profesores da promoción do 82 no colexio! -soltou de súpeto.
– ¿Cómo? -exclamaron Torreira e Varela, a coro.
– Citarémolos a todos á mesma hora, o mesmo día e no mesmo lugar. Serán 25 ou 30 persoas, como moito. Todas coñecen ao asasino, aínda que non saben a súa identidade. Faremos terapia de grupo. É a maneira máis rápida de saber qué ocorreu entre Plácido Señarís, Iolanda López e o resto de alumnos nun abrir e cerrar de ollos.
– ¡Claro! ¡Tes razón! -recoñeceu Varela, entusiasmado-. Iso aforraríanos o tempo de localizalos a todos un por un, e permitiríanos descubrir por fin o que o asasino pensa que xa sabemos.
– ¿E cres que él vai acudir á cita? -Torreira non estaba convencido.
– Cando reciba a citación -continuou Antón-, pensará no seu próximo movemento. Se asiste, estará exposto. Haberá policía e os seus compañeiros sacarán a relucir os trapos sucios daquel curso. O que alí se diga pode incriminar a unha ou a varias persoas, non o sabemos. O que sí sabemos é que o imos a poñer nervioso.
– ¿E se non asiste? -o inspector seguía dubidando.
– Se non asiste, encargaráse de que alguén máis falte á cita. Se só falta él, estaráse sinalando a sí mesmo coma o culpable, demasiado risco. Se é o suficientemente listo, fará que falte alguén máis e reduciremos a lista de sospeitosos a moi poucas persoas. Tres ou catro, cinco como moito.
– ¡Es un xenio, Antonciño! -Varela estaba tan pletórico que o abrazou-. Inspector, ¿qué opina?
– Opino que é un risco. É como obrigar ao asasino a secuestrar a varias persoas para delimitar a búsqueda. ¿E se o resultado disto son máis mortes? ¡Non podo permitilo!
– Señor, sei que o prezo pode ser moi alto, pero temos que mover ficha -Antón soaba desesperado-. O asasino pensa que o temos cercado, ¡é agora ou nunca! Se deixamos pasar esta oportunidade darésmolle pulos e volverá a matar de todos os xeitos.
– Inspector, recapacite -pediulle Varela-. É un bo plan. Tanto se asiste como se non, sacarémoslle proveito. De 30 sospeitosos pasaremos a un puñado deles.
Torreira seguía dándolle voltas á idea. Precisaba algo máis para decidirse. Antón pensou en cómo convencelo. Non podía confesarlle que Sara o acompañara ao convento. Se o asasino os seguira a eles ao igual que fixera con Varela, éla estaba exposta. Tería que ocuparse diso despois, pero agora tiña que conseguir que o inspector aprobase o seu plan. Enton lembrouse da letra de Hey Joe.
– Señor. O noso home está cabreado. Xa viu o que lle fixo á directora. Mire o que di a letra da canción -sinalou o texto e traduciullo:
“Sí, fixeno, dispareille.
Dinlle a arma e dispareille.
Non hai verdugo
que vaia a poñerme a corda arredor”.
Estálle faltando ao respeto. Búrlase dicindo que vostede non vai ser o verdugo que o atrape. ¿De verdade quere iso?
Antón botara o resto. Despois duns segundos de tensión, Torreira falou:
– Preparade o plan. Imos a por él.