#SOSFragasdoEume

As Fragas do Eume antes do lume

Este é un collage. Un exercicio de impotencia. Un xuntar palabras e misturar ideas sen xeito. Un SOS anónimo, consciente de que non hai rescate posible. Unha chamada ao sentido común. Unha fuga de escape. Un non máis lumes. Porque Galicia arde. E os nosos corazóns con ela.

Villa | Madrid

Silencio.

Onde estou?

Só escoito a nada.

Fire, lume, vento… mil lágrimas, un lamento.

Rabia, resistencia, impotencia.

Arde Galicia, ardemos todos.

Galicia extínguese. Galicia desvístese.

Arden as Fragas! Lume no Eume!

Seres irracionais, bastardos da cinza

Destrúen o entorno, a maxia das vistas.

Obtusos sen corazón, son

Emisarios da destrucción.

U-lo imos parar?

Morren as Fragas.

E un anaco de nós, faino con elas.

Diego Villaverde

Xornalista, aspirante a escritor e opositor de Lingua Castelá e Literatura afincado en Alemaña. Leo máis do que escribo e escribo máis do que estudo.

One comment

  • Esto es una vergfcenza. Por favor, vivimos en Betanzos, una ciaudd tan bella y admirada por todos, menos por los que de verdad deberedan cuidarla y mimarla como se merece.Lo siento, pero estas cosas me ponen de muy mal humor, aunque me animan a seguir trabajando.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *