Ene 16, 2011 - Caixón Desastre    2 Comments

Rockin’13 “mira ao ceo”

A banda de rock máis lonxeva do Val de Barcala está preparando neste 2011 un completo calendario de actividades que incluirá a grabación da súa segunda maqueta, “Mirar ao Ceo” e do seu primeiro videoclip, baixo o mesmo nome.

Ademais, Rockin’13 ofrecerá un concerto de presentación con motivo do lanzamento da súa segunda maqueta con data e lugar aínda por determinar. Xa hai un par de datas faladas para ofrecer outros dous concertos no primeiro semestre de 2011 das que xa vos iremos dando cumprida conta.

A grabación do videoclip “Mirar ao Ceo” realizaráse na fin de semana do 4, 5 e 6 de febreiro, en Negreira, para o que necesitaremos a vosa axuda como extras dun concerto que terá lugar nun coñecido pub a vila barcalesa. Pronto vos citaremos nel para que todos os seguidores da banda que así o desexan poidan aparecer no noso primeiro videoclip. ¡¡Larga vida a Rockin’13!!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

2 Comments

  • Estamos ansiosos por comprobar o resultado.

  • Esa Letiiii!!!:)
    Eu vou d extra se fai falta eh:) to sairá xenial 😉

Got anything to say? Go ahead and leave a comment!