Feb 3, 2011 - Caixón Desastre    1 Comment

Rockin’13 graba o seu primeiro videoclip

Este fin de semana, Rockin’13 grabará en Negreira o seu primeiro videoclip, “Mirar ao Ceo”, título da que será a súa segunda maqueta, na que a banda barcalesa leva traballando desde finais do 2010.

Rockin’13 | Barcala

Os amantes do rock de toda Barcala quedan convidados o sábado ás 20:00 horas no pub 6centos de Negreira, para participar como extras no videoclip e desfrutar de paso dalgúns temas en directo interpretados por Rockin’13, principalmente o tema “Mirar ao Ceo”.

A grabación iniciaráse o venres nos exteriores do pub 6centos e continuará o sábado de tarde no Pico de Santamariña, no Barro (A Baña). O peche da rodaxe faráse o sábado a partir das 20:00 horas no pub 6centos, onde se rodarán planos da banda en pleno concerto. Todos aqueles que se queiran pasar o sábado polo 6centos terán a oportunidade de saír no videoclip “Mirar ao Ceo”.

A banda máis lonxeva de Barcala

Rockin’13 nace aló polo ano 2003 baixo o nome “Provisional”, integrada por Esteban (batería), Pancho (baixo), Mario e Diego (guitarras) e Miki (cantante). No ano 2005 editan a súa primeira maqueta, “Sin Aire para Respirar”, que contén catro cortes que de seguido se converten nos preferidos da banda entre os seus seguidores. A banda establécese no panorama musical das comarcas de Barcala e Xallas, e chega a tocar tres veces consecutivas no festival da Fervenza, en Mazaricos.

No ano 2007 a banda tómase un parón de dous anos por incompatibilidade dun dos seus membros, pero en 2009 reaparece Rockin’13 cunha nova formación. Continúan Esteban (batería), Diego (guitarra), Miki (voz) e Pancho, que deixa o baixo para alternar o saxofón coa segunda guitarra. O novo baixista é Rubén “Little”, alumno aventaxado de Pancho.

Coa nova formación chegan máis temas propios, que a banda vai incluír na súa segunda maqueta, “Mirar ao Ceo”, que está en proceso de grabación. Será un disco que explore un rock máis traballado, menos puro, pero igual de contundente. Conxuntamente coa súa segunda maqueta, a banda en activo máis lonxeva do Val de Barcala sacará á luz no primeiro semestre do ano o seu primeiro videoclip.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

1 Comment

Got anything to say? Go ahead and leave a comment!