Rey Blanco

Rey Blanco, de Juan Gómez-Jurado (2020)

Coa novela Rey Blanco, Gómez-Jurado pecha a triloxía Reina Roja de maneira efectista pero cun final que deixa a sensación de que puido dar algo máis de sí.

Rey Blanco pon punto e final -ou quizais punto e seguido?- á triloxía Reina Roja, que non deixa de darlle alegrías ao seu autor, Juan Gómez-Jurado. No seu perfil de Instagram, o escritor madrileño acaba de anunciar que a primeira entrega da saga xa acadou a 70° edición. Un enorme éxito editorial que atrae a milleiros de espectadores en todo o mundo.

De qué trata Rey Blanco?

A última entrega da triloxía pecha a trama protagonizada por Antonia Scott e Jon Gutiérrez, os cales se enfrontan nesta ocasión a un despiadado xogo artellado polo maligno Mr. White. A parella de investigadores deberá resolver tres asasinatos para intentar deter un artefacto explosivo que ameaza a vida dunha das personaxes máis importantes da trama. Estes asasinatos parecen estar todos relacionados coa motivación de Mr. White para acometer tal despiadado xogo.

Cal é o punto forte de Rey Blanco?

Juan Gómez-Jurado logra manter  un ritmo trepidante ao longo da novela gracias a que os seus protagonistas se enfrontan a unha loita contrarreloxo para evitar unha desgracia maior. Scott e Gutiérrez deben resolver os tres asasinatos nun tempo establecido por Mr. White, o que fai que a historia enganche ao lector desde o primeiro momento.

O final enxeñoso que argalla Antonia Scott é outro dos momentos destacados da novela. Nel, Gómez-Jurado retoma esa xenialidade e brillantez que se lle asocian á protagonista ao longo da novela, aínda que na práctica estas cualidades aparezan máis ben de xeito espallado.

Cal o punto máis feble?

Rey BlancoA motivación de Mr. White. Se ben esta personaxe é un antagonista cunha intelixencia que acada -e incluso supera- os niveis de Antonia Scott, unha vez finalizada a historia semella que a súa xustificación para “xogar” cos protagonistas desvirtúa un pouco a súa imaxe de malo todopoderoso e controlador. Os motivos de Mr. White semellan moi típicos e non fan xustiza ao estilo refinado desta personaxe, o que me deixou cun certo sabor agridoce.

É precisamente esta motivación de Mr. White a que me leva a dubidar sobre a necesidade de alargar a historia ao longo de tres novelas. Semella que a segunda parte, Loba Negra, é practicamente unha historia independente que só sirve de marco do proceso de maduración de Antonia Scott, sen aportar nada demasiado importante ou novidoso na trama principal.

Por qué deberías ler “Rey Blanco”?

Como peche da triloxía máis importante dos últimos tempos na novela negra española, Rey Blanco é unha novela que merece a pena ler. O seu final amosa o potencial que se lle presume a Antonia Scott ao longo da triloxía -e que non acababa de amosar ata ese intre-. Ademais, o seu ritmo atrapa e, posiblemente, non esteamos ante a última aventura das personaxes de Antonia Scott e Jon Gutiérrez. Por todo iso, paga a pena ler Rey Blanco.

Iso sí, mellor non fagades coma min. Non leades os tres libros un detrás doutro. Un respiro no medio sempre vai sentar mellor. Que aproveite!

FICHA TÉCNICA


Título

Rey Blanco


Autor

Juan Gómez-Jurado


Ano

2.020


Edición

Primeira edición (en castelán)


Editorial

Ediciones B


Data

2.020


O mellor

O final enxeñoso que maquina Antonia Scott


O peor

A motivación Mr. White non encaixa coa súa personalidade


A miña nota

7/10


Mercar Rey Blanco
portada Rey Blanco
Portada de "Rey Blanco"

Diego Villaverde

Xornalista, aspirante a escritor e opositor de Lingua Castelá e Literatura afincado en Alemaña. Leo máis do que escribo e escribo máis do que estudo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *