Dic 30, 2011 - O Rincón de Villa    2 Comments

Propósitos para o 2012

Aquí vos deixo a miña lista de propósitos para o 2012. Totalmente recomendable:

1. Non penso ver a televisión.

2. Inicialmente tiña posto “non penso ler o periódico”, pero tal afirmación é inxusta coa prensa de calidade, que aínda existe, polo menos “artigos de calidade”, que aínda hai. O outro día sorprendinme a min mesmo arracando unha páxina dun xornal para gardar un deses artigos, pracer que sigo pensando poñer en práctica. O punto 2 queda nun “non penso ler a prensa deportiva”, que tamén é unha boa declaración de intencións.

3. Penso levarlle a contraria a todo o que me conten e a todo o que óia, ou cando menos, parareime a pensar que todo o que me conten e todo o que óia, non ten porque ser así. E se é así, espero chegar a esa conclusión por min mesmo.

4. Penso escoitar aos demais. Hai xente que ten moitas cousas interesantes que dicir. É máis, penso animá-los a que mas conten.

5. Vou falar, contar, comunicar e expresar o que me apeteza, sempre con respeto. E sobre todo, non deixarei que ninguén me cale. Para isto, incluso pode que falte ao respeto.

6. Vou sustituír as supostas carencias dos puntos 1 e 2 na rede, pero non caerei na tentación de utilizar os puntos 4 e 5 só na rede. Escoitar e falar significa escoitar e falar, non ler e comentar.

7. Non penso deixar de rir e de mirar de frente mentres camiño pola rúa. A xente agradece que alguén leve un sorriso debuxado na cara pese á que está caendo.

8. Non teño pensado deixar de coñecer xente. O mundo está cheo de persoas capaces de sorprenderche co máis mínimo detalle. Non quero deixar de sorprenderme.

9. Penso manter este blog actualizado con espírito crítico e pluma afiada, prometo cambiarlle este fondo tan horrible que ten e incluso prometo poñerlle un deseño un pouco máis moderno. Paciencia, teño todo o ano por diante.

10. Penso seguir valorando e disfrutando o meu día a día coas persoas que me rodean e coas cousas sinxelas que me acompañan. As cousas que non temos, son metas e obxectivos polos que pelexar. Irán chegando. Non penso deixar de intenta-lo.

¡¡Feliz 2012 a tod@s!!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

2 Comments

  • Neno, eu mentres o 9 que non teño tantas cousas que contar, o resto dos puntos vounos repetindo coma un mantra todos os días cando me levanto, dí que si! O espíritu crítico non reñe co bo humor, que parece que por rir e estar contento hai que pedir desculpas e ademais tómante por parvo!!!

  • Gracias Yoli!!! É que aquí na capital o de rir non se estila demasiado, ata falando parece que che están berrando!! jejeje

Got anything to say? Go ahead and leave a comment!