Manuel García Barros

33° edición do premio Manuel García Barros de novela

O Concello da Estrada, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Editorial Galaxia, ven de convocar a XXIII edición do premio Manuel García Barros de novela, cunha dotación económica de 9.000 euros.

No premio Manuel García Barros de novela poderán participar todos os autores e autoras, independentemente da súa nacionalidade, que presenten orixinais escritos en lingua galega. Están excluídos os vencedores das cinco últimas edicións do concurso. Os escritos deberán ser inéditos e seguirán a normativa actual da lingua galega.

O prazo de recepción de orixinais, a presentar por sextuplicado, remata o 15 de maio de 2021. O xurado estará formado por cinco persoeiros do mundo da cultura galega. A obra gañadora será publicada pola Editorial Galaxia, e o Concello da Estrada resérvase os dereitos da súa primeira edición.

Podes consultar as bases do concurso Manuel García Barros, alias Ken Keirades, aquí. E se precias más información acerca doutros concursos literarios, preme aquí.

Diego Villaverde

Xornalista, aspirante a escritor e opositor de Lingua Castelá e Literatura afincado en Alemaña. Leo máis do que escribo e escribo máis do que estudo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará