Premio Literario Illa Nova

Premio Literario Illa Nova 2021

A Editorial Galaxia ven de convocar unha nova edición do Premio Literario Illa Nova, destinado a creadores de menos de 35 anos, de calquera nacionalidade, que presenten obras orixinais e escritas en lingua galega.

O nome deste concurso procede da colección Illa Nova, que a editorial Galaxia creou en 1957 co obxectivo de dar a coñecer as obras de autores novos. Pola colección pasaron plumas do talle de Xosé Luís Méndez Ferrín, María Xosé Queizán, Carlos Casares ou Xohana Torres. Coa mesma intención xurdiu en 2017 o Premio Literario Illa Nova, que este ano cumpre a súa quinta edición.

Os relatos presentados ao concurso deberán ter unha extensión mínima de 80 páxinas, mecanografadas a dobre espazo con letra Times New Roman tamaño 12. O prazo de recepción de orixinais remata o vindeiro 1 de abril, e a decisión do xurado coñeceráse no mes de maio. O certame está dotado cun premio de 3.000 euros para o gañador/a.

Para consultar as bases do concurso preme aquí. E se queres saber de máis certames literarios consulta a nosa lista nesta ligazón.

Diego Villaverde

Xornalista, aspirante a escritor e opositor de Lingua Castelá e Literatura afincado en Alemaña. Leo máis do que escribo e escribo máis do que estudo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *