A primeira edición do Premio Alberte Quiñoi de álbum ilustrado está convocado conxuntamente polo Concello da Estrada, a Editorial Galaxia e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
O prazo de recepción de orixinais, de temática infantil, finaliza o vindeiro 25 de febreiro. A dotación económica do premio ascende a 2.000 euros.
Poderán presentarse ao concurso de álbum ilustrado Alberte Quiñoi tanto autores únicos que se ocupen das partes gráfica e textual, coma dous ou máis coautores encargados do apartado textual e gráfico. O xurado, composto por cinco persoas vencelladas ao ámbito da creación artística e literaria, valorará de xeito equitativo e coma un conxunto as partes de texto e ilustración.
Os orixinais presentados deberán ser obras ilustradas de tema libre, inéditas e dirixidas ao público infantil. A extensión dos traballos deberá ter un mínimo de 24 páxinas e un máximo de 56, sen incluír a cuberta e a contracuberta. Podes consultar as bases completas nesta ligazón.
Club de Escritura
A partir de agora, neste blog tamén poderás atopar información sobre concursos literarios e cursos relacionados coas letras. Poderás acceder a estas noticias facendo clic na pestaña “Club de Escritura”. Alí, un despeglable ofréceche a opción de seleccionar a páxina correspondente a cada unha das categorías.