O pasado sábado 23 de febreiro, o compañeiro do Correo Galego, Fernando Franjo adicoume unha reportaxe na sección “Os outros peregrinos” do citado xornal, na que conta un pouquiño a miña integración a Dresde e á vida laboral alemana, ademais dos motivos que me levaron a converterme nun home de carreira emigrado.
Para os que non o vistes, aquí tedes o recorte escaneado. Desde aquí aproveito para agradecerlle a Fernando o trato que me deu tanto na reportaxe coma no making off, un gusto que me retratase nesta sección do xornal e que ademais o fixese en galego, idioma no que se desenvolveu a entrevista.
Gustoume moito o enfoque que lle quixo dar Fernando á reportaxe, reflectindo que non todos os emigrantes viven de luxo coma se ve en Callejeros viajeros e programas deste tipo. A realidade é que temos que currar tanto ou máis coma se estivésemos na terra e aínda por riba superar as barreiras do idioma e as diferencias de costumes. Creo que queda ben reflectido na reportaxe, así que o meu agradecemento máis sincero a Fernando Franjo por acordarse de min.