Oct 26, 2010 - Caixón Desastre    No Comments

Novo disco de Xan Solo

 

Xan Solo presenta este xoves día 28 o seu primeiro disco en directo, “Un home, un escenario”, cun concerto que terá lugar no Café Bar “As Dúas” de Santiago de Compostela. Trátase do terceiro CD do artista barcalés.

Xan Solo ven de editar xunto con Xusto Lera o seu primeiro disco en directo, “Un home, un escenario”, grabado o pasado mes de maio na Sala Rinconete de Madrid. A presentación do disco terá lugar este xoves en Compostela, no café Bar “As Dúas”. Un home, un escenario está conformado por quince temas que foron editados por Justosongstudio.

Na edición do directo respectouse o son ambiente, xa que os cortes inclúen os momentos de interacción entre Xan Solo e o público presente na sala, así como a presentación ou o recital de textos poéticos que preceden a diversos temas. Os cortes incluídos neste disco pertencen aos anteriores traballos de Xan Solo, “Cancións informais” e “Un lánguido poema arde”.

Xan Solo pon en escea un espectáculo músico-teatral onde priman a improvisación, o humor, a ironía, o sarcasmo e a crítica social desde un punto de vista desenfadado e absurdo, ao estilo de Javier Kraher ou Les Luthiers. Podes coñecer máis acerca de Xan Solo no seu blog http://xansolo.blogspot.com.

 

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

Got anything to say? Go ahead and leave a comment!