Ene 26, 2012 - Caixón Desastre    2 Comments

Martes celtas no Meigas

Xulián ao acordeón e Javi á mandolina

Onte foi martes. E hoxe, coma sempre despois de cada martes, é mércores. Non, espera, así non podemos empezar. Outra vez. Onte foi martes e, coma sempre no Meigas, Pulpo & Friends, onte foi de día de… Non, así tampouco, non se pode repetir onte dúas veces na mesma frase. Qué carallo. Entrade e lede ben o artigo, ¿ou hai que dárvolo todo feito?.

Villa | Madrid

Onte foi martes, e coma sempre no Meigas, Pulpo & Friends, foi día de música en directo. Xulián ao acordeón e Javi á mandolina e á guitarra. Unha unión da que fun testemuña a véspera de Reis, cando os dous decidiron que o Meigas sería un bo sitio para ensaiar tódolos martes temas coma o tradicional e movido Toss the Feathers, cuios acordes podedes adiviñar no vídeo que acompaña a esta entrada.

É o terceiro martes que veñen polo Meigas, enchendo o local de sons celtas e acordes místicos, melodías que evocan tempos pasados e fraseos cheos da forza e a enerxía do folk tradicional. A pesares de levar pouco tempo ensaiando xuntos, a verdade é que sonan moi ben, pouco a pouco o ritmo da guitarra de Javi vaise acoplando aos matices do acordeón de Xulián. E xa cando saca a mandolina nin volo conto. O tema que podedes escoitar no vídeo é bastante complexo, dos máis difíciles dos que polo momento están mirando, pero xa comezan a cadrar as pezas e a sonar armónicamente.

Por suposto o mérito de que sonen cada vez mellor non é nin das horas de ensaio nin das indiscutibles dotes musicais de Xulián e Javi. Faltaría máis. O mérito é única e exclusivamente meu, que lle sirvo un par de 1906 e un par de Estrellas cada martes, coa esperanza de que regando esas melodías místicas e propias doutro tempo co sabor da mellor cervexa do mundo… a cambio, elas me sumerxan nun soño milenario e me leven a lugares e camiños que anhelo transitar.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

2 Comments

  • Mola, falta unha guitarra eléctrica, pero mola, jejejeje 🙂

  • Jejeje, hai unha acústica que sona de vicio!!

Got anything to say? Go ahead and leave a comment!