A miña paixón é a literatura. Leo, logo escribo. O meu soño é ser escritor, e nesas ando, cun tercio dunha novela escrito desde fai anos, esperando a que os dous tercios restantes collan forma sós. Ou se cadra, esperando ter o tempo necesario para sentarme ducha vez e acabala dunha tacada. E así pasan os anos. A novela titúlase “Espectros”, e é a adaptación dun relato de ciencia ficción que escribín no ano 2000 e co que acadei o primeiro premio no Concurso de Narrativa “Afonso Eanes do Cotón”, en Negreira, e o segundo premio no Concurso de Narrativa do Concello de Ames.
Mentres non atopo o tempo e a motivación necesaria para rematala, anoto ideas novas en calquera libreta ou bloc de notas -virtual ou de papel-, coa esperanza de que algún día collan forma. Polo momento, leo moito e absorbo todo o que podo dos meus autores favoritos: Stephen King, John Verdon, Matthew Pearl, Tolkien, Mario Puzo… Sobre alguna destas obras anoto os meus pensamentos e opinións, que de vez en cando comparto convosco aquí.