Nov 16, 2010 - Caixón Desastre    No Comments

Empate agónico en Trazo… ¡de Penidos al río!

O Ames sacou rentabilidade da súa visita a Trazo por primeira vez desde a refundación do equipo no ano 2000. O 2-2 final fai xustiza ao visto no campo e aínda que o Ames dominou o encontro e tivo máis ocasións, tras verse con dous goles en contra a falta de media hora, o empate de Penido preto do final sabe a victoria.

O encontro comezou cos habituais minutos de tanteo. O Ames saíu con Juansiño na portería (sempre lle toca en Trazo, caprichos do destino…), Manu e Pi nos laterais, e Jorge e Félix no centro da defensa. Miki e Che encargáronse da medular, con Nito de mediapunta, Héctor na esquerda e Roi na dereita. Marcos quedou como único home na punta de ataque.
As primeiras ocasións viñeron do bando visitante, que levou o peso do encontro ante un Trazo que se fixo forte xogando á contra. Marcos tivo dúas tras sendos centro de Miki, pero entre o porteiro e a defensa local evitaron o gol. Foi o Trazo o que se adiantou despois de que un dos seus dianteiros batese a Juansiño cunha vaselina.
O Ames seguiuno intentando, con Miki como protagonista da ocasión máis clara da primeira metade. Unha falta directa súa estivo moi preto de ser gol, pero o gardamallas local empregouse a fondo para despexar o disparo.
Na reanudación, o Ames saíu decidido a buscar o empate, e novamente puido chegar en varias ocasións dos visitantes. Nunha desas intentonas, unha perda en mediocampo derivou nunha contra dos locais que finalizou co 2-0.
Pero o Ames non deu o partido por perdido (¡¡de Penidos al río!!) e lanzouse a buscar o gol, con media hora por diante para intentar reducir distancias. E conseguiuno a falta dun cuarto de hora, tras meter ao Trazo na súa área e intenta-lo sobre todo desde a esqueda, cun Héctor moi activo e cun Gamarra incisivo cos seus longo saques de banda. E precisamente foi Héctor o que anotou o 2-1. Iso, pouco despois de provocar a segunda tarxeta amarela do mediocentro local.
Nunha xogada desde a esquerda, Héctor entrou na área, e tras un par de recortes un “caño” a un dos seus marcadores, acabou no chan nunha entrada que non ofrecía discusión. Penalti que o propio Héctor se encargou de transformar, empatando a Nito como máximo goleador do Ames con tres tantos.
O Ames seguiu aprentado ao seu rival, encerrado e cun home menos, e o premio chegou da forma máis tonta e a falta de cinco minutos para o remate do encontro. O porteiro local dispoñíase a sacar de porta, pero fíxoo en semifallo… e Penido, algo escorado, aproveitou o rexeite e lanzou o balón cara á área, coa sorte de que o bote, a auga, a dirección do esférico e a posición do porteiro confabuláronse para que acabase no fondo das mallas… 2-2.
Deste xeito o Ames vingouse da dolorosa derrota en Trazo da temporada pasada, cando a falta de cinco minutos era o Ames o que vencía 1-2, para perder por 3-2 nun final caótico. Desta volta, a fortuna e o mellor xogo favoreceron ao Ames, que saborea este punto que o deixa noveno.
O domingo, derbi en Castiñeiro, ¡Ames-Agrón!
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

Got anything to say? Go ahead and leave a comment!