escritura narrativa

Curso de introducción á escritura narrativa

A plataforma de aprendizaxe online Doméstika oferta este curso de introducción á escritura narrativa impartido polo escritor mexicano Alberto Chimal.

Os prezos do curso oscilan entre os 39,90€ e os 10€, se es afortunado e accedes a algunas das ofertas habituais en Doméstika. Ao ser un curso online, non ten nin límite de participantes, nin data límite para a inscrición.

O curso consta de 15 leccións en formato vídeo ás que se pode acceder tanto desde a web como desde a aplicación móbil. O ritmo de aprendizaxe márcao o propio alumn@. As 15 leccións están repartidas en catro unidades de aprendizaxe: introducción, os fundamentos, os elementos da creación e, por último, a unidade “ve más allá”. P

ara finalizar, o alumnado deberá redactar un proxecto final breve aplicando os coñecementos aprendidos neste curso de escritura narrativa.

Podes coñecer máis acerca de Alberto Chimal e do curso de escritura narrativa no vídeo que segue. Tamén podes atopar máis cursos relacionados coa literatura facendo click aquí.

Diego Villaverde

Xornalista, aspirante a escritor e opositor de Lingua Castelá e Literatura afincado en Alemaña. Leo máis do que escribo e escribo máis do que estudo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *