A lingua dos emigrados

 

Soneto de estilo libre adicado a todos aqueles que vagamos polo mundo adiante facéndonos entender cos nosos iguais. Algo moi satisfactorio, aínda que haxa días nos que coste máis facerse explicar. Brindo pola complicidade entre os que falamos o mesmo idioma. Porque o mundo só ten as fronteiras que nos marcamos nós mesmos.

 

Quen dominara tódalas linguas,

quen dominara toda expresión.

Os matices das palabras,

as claves da comunicación.

 

Expresar o sentido, captar a intención.

Coñecer o signo e entender o significante.

Transmitir o significado e cadansúa acepción.

Saborear coas verbas a esencia do instante.

 

O pensamento reacciona á comunicación espontánea,

máis non así a fala, que fica muda.

A fala que non fala.

 

Máis hai unha paisaxe común a tódolos desterrados,

un campo aberto que non precisa de verbas.

Esa é… a lingua dos emigrados.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *