¡Vente pa’ Alemania Villa! (parte II)

 

Dresden, a Florencia do Elba

Se chegaches aquí é porque xa leches a primeira parte de “Vente pa’ Alemania Villa”. Se non é así, antes de ler isto debes faces click neste link para entender mellor esta entrada. Despois dun mes vivindo en Alemaña, quería compartir con vós certos detalles que fun vendo no inicio desta nova etapa na miña vida. ¡Que aproveite!

Villa | Dresden

O 4 de xuño empecei a traballar na empresa Mantiburi GmbH, compañía emerxente do sector da decoración, especializada na venta online por toda Europa de vinilos decorativos, murais de parede adhesivos, tapetes de lana e lienzos artísticos, entre outras cousas. Eu formo parte do Servizo de Atención ao Cliente para o mercado español, aínda que pouco a pouco me vou encargando de máis cousiñas.

O funcionamento é moi sinxelo. Temos un programa no ordenador co que administramos os emails que nos chegan para todos os dominios (o punto com, máis un para cada país, entre eles Alemaña, Austria, Rusia, Dinamarca, Suecia, Noruega,  Finlandia, España, Italia, Francia, Reino Unido, Suiza, Estados Unidos, penso que non me esquezo de ningún). Vendemos a través da páxina web www.yourdecoshop.es e tamén vendemos por eBay, Amazon e algunha que outra páxina do estilo.

Pantallazo da web de yourdecoshop

Ao principio tiña medo de aburrirme. Pensei que só me iba encargar de responder os emails en español, e claro, pensei que ían ser 4 ou 5 ao día. Non me daban as contas, 8 horas ao día para 4 emails, xa podían ir ben respondidos de carallo. Os primeiros tres días estiven ao carón dunha compañeira que fala inglés e que me ensinou o funcionamento da empresa e do Servizo de Atención ao Cliente. Bastante mecánico, pero con moita variedade de asuntos que atender e pouco tempo para aburrirme: reclamacións, pedir presupostos ou mostras dos productos, informar dos gastos de envío ou prazos de entrega, etc.

Neses tres primeiros días descubrín varias cousas:

1. Que os alemáns falan rápido de carallo.

2. Que os 6 meses de clases de alemán que tiven en Madrid servíronme de bastante como base para ir aprendendo o idioma.

3. Desde que vivo en Alemania entereime que podo ler italiano e entender o 80% do que pon.

4. En tres días xa te das de conta do diferente que é traballar en Alemania e en España.

Imos por partes.

1 e 2. Pese a falar rápido de carallo, os meus compañeiros son moi amables e encantadores. Unha cousa non quita outra. Eu ás veces tamén falo rápido e non por iso son un borde. Claro que cando che falan así de rápido en alemán, as túas neuronas van máis amodo, e mentres ti tratas de entender unha frase eles xa están na seguinte, co cal vas ao tran tran en toda a conversa e chegas tarde a tódolos puntos e coma. Iso levoume a que unha das primeiras frase que levantou os sorrisos dos meus compañeiros fose: “langsam bitte”. O que vén sendo algo así como “despacio por favor”, aínda que eu por dentro estivese pensando: “frena cona”.

O caso é que desde o primeiro momento os meus compañeiros axudáronme moitísimo, cambiando ao inglés sen problema ningún ou falando máis a modo en alemán cando eu llo pedía. Os primeiros días que me puxen a traballar só, como é lóxico tiña centos de dúbidas e preguntas, e estaba todo o tempo preguntando e molestando. Ningunha mala cara, ningunha mala contestación nin malos xestos. Todo sonrisas e amabilidade, a barreira do idioma vaise superando pouco a pouco e cada vez teño máis confianza con eles. Non podo pedir máis, un grupo de traballo xoven, motivado e un gran ambiente. Pódese dicir que tiven sorte.

¿Sabía vd. que Villa pode entender italiano? ¡¡Él tampouco!!
Padrino, ¿Sabía Vd. que o raio de Villa pode entender italiano? ¡¡Él tampouco!!

3. Pois si amici. A ventaxa de ser galego en Alemaña é que podes entender o italiano moito mellor que os alemáns, que se asustan cando ven un email na lingua de Berlusconi. Así que os meus compis se puxeron moi contentos porque ademais de atender os mails e español, podo entender o italiano e sacarlle o morto de enriba. Tampouco me fun de sobrao e dixenlle a verdade: “podo entender italiano se o vexo escrito, agora se me preguntas como se di tal cousa en italiano non teño nin idea”. A eles valeulle esa explicación e agora, ademáis dos mails en español, resposto os mails italianos (fágoo en inglés) e atendo o teléfono para o Reino Unido. Aínda non me puxeron liña de teléfono para España, pero espero conseguilo pronto, que cando chama algún escocés flipo para entende-los.

4. Desde o día que fixen a entrevista de traballo xa notei que o mercado laboral en Alemania é distinto ao de España. En todo momento sentín que xa me querían contratar no momento e que me querían convencer a min de que aceptase a oferta. Non era eu o que tiña que demostrar mil e unha habilidades para que me desen unha oportunidade. Vamos, coma en España, onde nunha entrevista tes q dar gracias porque che escoiten e apañar co que che ofrecen e xa bo é.

Un Schutzengel parecido ao que a min me deronO primeiro día de traballo recibín de regalo un vale de desconto de 40 € para mercar o producto que eu quixese na páxina web da empresa. Co contrato déronme tamén o Schutzengel, o ánxo da garda, unha tradición alemana para empezar con sorte e bo pé no novo traballo. O primeiro día xa me tiñan preparado o meu escritorio co ordenador e co material de oficina útil. Ata me preguntaron se quería un teclado español que mo podían conseguir se o quería, pero díxenlles que non facía falta. ¿Maloserá non?. Claro, ata ese momento non me decatara de que nos teclados alemáns non teñen “ñ”, a “z” e a “y” están cambiadas de sitio, e a tilde está máis arriba. Ademáis diso no teclado alemán teñen as seguintes letras que nós non temos: ä, ö, ü e ß (equivalente a dúas “ss” en castelán).

Total, que agora xa me empezo a acostumar a usar o teclado alemán, e para escribir esta entrada xa tiven que cambiar algunha z e y, que os dedos xa me van ao estilo alemán. Iso sí, non deixa de ser divertido que no ordenador do traballo, para poñer a “ñ” teña que utilizar sempre a mesma táctica. Abro o google e empezo a escribir zamburiña, unha palabra tan nósa e diferente ás demais que ao chegar ao “r” xa me sae automáticamente no buscador. Alí a deixo toda a mañá e cando preciso copiar unha “ñ”, alá lle dou a copiar a “ñ” da zamburiña e úsoa todo o día. ¿Somos galegos ou de onde somos?

Máis curiosidades. A ver. Ah sí, xa sei. O primeiro día aínda non puidera ler todo o contrato, e claro, estando en alemán, aínda que o lese, pouco ía entender. O caso é que a media mañá se me dou por escribir un sms para contar que tal me ía no primeiro día. Ao ratiño apareceu a encargada do Departamento para dicirme amablemente cun sorriso que non podia utilizar o móbil durante o traballo, só na hora da pausa. Alá pedín perdón e despois boteille un ollo ao contrato. Nin móbil, nin Facebook, nin Skype, nin mandar emails persoais desde o traballo nin nada polo estilo. En horas de traballo aquí trabállase.

Sei que non é así (porque xa o preguntei) en tódalas empresas alemanas, pero non deixa de chamarme a atención o tempo que se pode aforrar sen andar mirando estas cousas, e o concentrado que un chega a estar durante as 8 horas que se traballa aquí. É unha cousa que poderíamos aprender. Supoño que en España tamén haberá empresas onde se faga, pero bueno, a min non me tocou ningunha… Prohibir non é bo, a liberdade do traballador é fundamental, pero esas cousas tamen se poden mirar no seu momento, non á hora do traballo. En 8 horas de traballo sempre teño algo que facer pero nunca me agobio. Eso paréceme fundamental. A verdade é que despois de vivir 3 anos en Madrid, a vida aquí é moi relaxada.

Villa retratado por Alba no Kunsthofpassage

Outra cousa que me chamou a atención é o bo ambiente que temos na empresa e os detalles que tanto a dirección coma os compañeiros teñen con todos. O segundo día de traballo, desde Persoal mandaron un mail común a tódolos traballadores da empresa presentándome a min e a outros tres compañeiros novos. No meu párrafo poñía que eu me iba a encargar da parte española de Atención ao Cliente, que viña de alá e que estaba aprendendo a falar alemán, pero que case non entendía. A xefa de Persoal pediulle a todos por favor se podían comunicarse conmigo en inglés. Detalles. Así da gusto carallo.

Houbo un venres que no Servizo de Atención ao Cliente eramos menos do normal por algún día libre e por unha enfermidade. Ao remate do día, a encargada do departamento veu a onda nós e dixonos que acababa de falar co xefe e que nos daba a noraboa, que eramos poucos pero que estabamos solventando o traballo moi ben ese día. Na reunión de equipo da semana seguinte comentáronnos a posibilidade de facer todos xuntos un grill, unha barbacoa, algo en común supoño que para coñecernos mellor todos. Non digo que sexa nin mellor nin peor, pero non sei, son detalles.

Máis cousas. Temos unha cociña moi xeitosa na planta baixa da empresa. Alí comemos todos. Hai dous turnos de comidas, de 12 a 1, e de 1 a 2. O de comer ás 12 é raro de carallo, pero cando te ergues sobre as 6 da mañá acábaste acostumando e ás doce xa che pica a fame un pouco. Un día ía coller un vaso para o café, e un compañeiro ensinoume un cestro cheo de froita. Díxome: “Colle, son para todos, ¿qué queres un plátano ou un melocotón?”. Outro día un compañeiro trouxo cereixas e deixou unha nota na cociña para que as collésemos. Cando teña un oco heilles levar un par de tortillas para ensinarlles algo noso.

Na cociña temos quince ou vinte cartóns de leite, outros tantos paquetes de café, ata botellas de viño ao máis puro estilo “coged y tomad de él”. Cando fixen un café un dos primeiros días e preguntei se tiña que poñer algo ao mes ou á semana como bote case se rin de min. Sen case. Momentos entrañables que me fan ver o diferente que pode ser traballar noutro país. Aquí fante sentir a gusto desde o primeiro día. Ao remate do primeiro mes recibín un mail da coordinadora de Atención ao Cliente no que me felicitaba por cómo estaba facendo o meu traballo. Día tras día dinme que melloro moito co alemán, que aprendo rápido. Saben cómo motivarche. Outra cousa para aprender.

Último grito na NeustadtDespois, fóra e a parte do traballo tamén teñen cousas que non hai por onde colle-las. Un día de calor podes ver a alguén cunhas sandalias e por debaixo uns calcetíns. Eu pensei que esas cousas só as facían os turistas e os curas, pero aquí vas pola rúa e ves guiris nativos, alemáns de pura cepa con sandalias e calcetíns subidos, aínda se foran brancos terían un pase, pero non, se poden ser negros, grises ou azuis, moito mellor que se ven máis. Outra cousa, o de andar descalzos gústalles a ostia. Ir andando e ver pés negros coma a cinza tamén está á orde do día. Incluso os nenos. Animaliños, tan sequera aos nenos poñédelle uns zocos carallo.

Máis cousiñas. Durmir. Xa sempre fun de durmir pouco, pero o de erguerte ás 6 da mañá chégalle. O bo é que ninguén sae de traballar máis tarde das 6. Cando digo ninguén e un ninguén case absoluto. Eu teño dous horarios, de 8 a 5 ou de 9 a 6. A maioría dos días saio ás 5 da tarde de traballar. Case toda a tarde libre, claro que ás 11 e pico xa te deitas porque madrugas, pero coño, saír ás 5 é a ostia. Dresden é unha cidade moi viva. Os plans sáenche de debaixo das pedras. E coa cervexa a un euro nin che conto. Un día falareivos da Ecke. Ecke significa esquina. A Ecke é un cruce de camiños onde a xente se xunta nas aceras a beber e charlar, con música na rúa e un ambientazo brutal en pleno corazón da Neustadt. O nome verdadeiro é “a esquina asocial”, para que vos fagades unha idea.

Outra das cousas que máis me chamou a atención é a bici. Nenos, adolescentes, mozos e mozas, e xente de 50 ou 60 usan a diario a bicicleta como medio de transporte. En Galicia usan a bici os ciclistas e os rapaces no verán como moito para ir á piscina e volver. Aquí podes ver a un executivo vestido co traxe e cos calcetíns negros ata as rodillas andando en bici coa carteira colgada ao lombo. Palabra de Villa que o vin máis dunha vez. Señoras de 60 e pico andando en bici cunha axilidade que xa quixera ver eu a Induráin andar así a esa idade.

As bicis son parte activa da vida alemana

Eu comprei a miña por 30 euros no Flohmarkt, o mercado de antigüedades que hai os sábados a carón do Elba. Está algo vella pero rinde. Aquí é normal comprar bicis de segunda man, pero tamén tes tendas de bicis por 500 ou 1.000 euros en cada rincón. Por cada bar que atopas en Santiago, aquí tes unha tenda de bicis. A mesma ecuación pódese aplicar aos postos de bratwurst (salchichas con pan), kebabs e tendas Bio.

Máis curiosidades. Estou rematando, pero tedes que entender que despois de tres meses sen escribir teño mono. Os revisores e os horarios. Aquí non hai metro, pero teñen un tranvía de pouco máis de 120 anos de antigüidade que cruza boa parte da cidade, tanto Neustadt como Altstadt. Tódalas paradas están sinalizadas e cos correspondentes horarios. Se no plan pon que o tram (tranvía en alemán) chega ás 17.53, é que chega ás 17.53. E o mesmo cos buses. É rarísimo que algún se retrase. Se o fai é porque se atopou con obras no camiño ou algo polo estilo. Teñen o plan de tódolos días posto e cúmpreno á perfección. A min paréceme imposible pero fano. A e 53 macho, nin antes nin despois. En punto.

¡Cando subas ao tram ten coidado cos revisores!

En calquera traxecto pódesete atopar cun revisor. Un día iba lendo no bus e notei unha presencia en fronte miña. Levantei a cara e vin unha tipa de pelo corto, piercing na orella, tatuaxes nos brazos, pantalóns cortos destes caídos e unha tarxeta de identificación extendida cara min que poñía: DVB (a empresa de transportes daquí, o Castromil ou o Celta de Dresden, “hefesel” pa los vesinos de Nejreira, A Baña y alrededores). Alá lle ensinei o meu bono e todo perfecto. Chántanse así. Suben ao tram ou ao bus, séntanse un anaco sin dicir nada e cando te das de conta ensínanche a identificación. Claro, ti ves a unha tipa con piercings e tatuaxes e o que menos te imaxinas é que sexa revisora da Renfe. Aquí sonche así. Os revisores tanto poden ser unha hippie coma un xubilado.

Sinto que escribín a metade do Quixote, pero quédanme tantas cousas que contar que vou deixar algo para a seguinte entrada. Anótoo aquí para non olvidarme. Teño que falarvos do acento sajón, das radios alemanas, do extraño e caótico que pode chegar a ser falar en galego, castelán, inglés e alemán tanto na casa, coma no traballo ou na rúa. Sí, sí, nun mes atopamos a catro ou cinco galegos máis por aquí. ¡¡A ostia!! Ah, e tamén das comidas alemanas, que teñen o seu aquel. Por hoxe creo que está ben. Espero que vos mantivese entretidos un anaquiño. Sobra dicir que estou contentísimo aquí. Estoume adaptando ben. O traballo gústame, a cidade encántame e a compañía, qué carallo, a compañía é inmellorable.

Diego Villaverde

Xornalista, aspirante a escritor e opositor de Lingua Castelá e Literatura afincado en Alemaña. Leo máis do que escribo e escribo máis do que estudo.

8 comments

  • Miki di:

    Neno, non é o Quixote pero case… Que va, que va… O único que agardamos por aquí é que as entradas sexan cando menos semanais e nos vaias descubrindo cousas deses fillos da Merkel, jejejeje… Unha aperta crack…

  • admin di:

    Jejeje, eso eso, a ver se non o deixo pasar tres meses outra vez jajaja… Aquí da moito xogo, quedáronme cousas sen contar, pouco a pouco!!! Bótasevos de menos, os domingos máis xD!!!!!

  • Paulus di:

    Vamos, esto daba para 3 entregas. Moi ben! Queremos máis!!

  • Marcos Vilas di:

    Fermosa publicación Diego! Supoño que todos temos nas nosas mentes a idea de que esta xente fai as cousas de outra maneira, pero vamos, os teus comentarios non fan máis ca confirmalo.
    Alégrome que che vaia ben, é unha experiencia increíble en todos os sentidos. Cóidate! E sigue posteando!

  • Yoli di:

    Estupendo Diego, moi moi ben, aínda que eu a partir de cervexas a 1 euro eu xa non seguín concentrada, jeje, e non esperabamos menos de ti, vasta gañar a todos si ou si, porque se non imos ir todos os “villas” aí a ver que pasa.
    Posteándoche desde o choio, claro… moitos bikos neno, e cando teñas morriña, ZAMBURIÑA!

  • Diego di:

    Jajajaja, gracias Marcos, intentarei seguir posteando con maior frecuencia!! E que pena non vernos pa tomar a última no Meigas, pero foi todo de repente jejeje… Yoli, cervexas a 1 euro e de 0,5 litro, aquí case a desayunan, como para dicirlle que non!!!! Eso sí, o peixe bótase de menos, e as zamburiñas nin che conto jejeje… Cando queirades visita aquí estamos!!!!!

  • Rocío e Pedro di:

    Qué envexa o ambiente de traballo! qué distinto ao de aqui! aproveita todo o que poidas, aprende, desfruta, ¡vive! cómo me alegro que che vaia ben! e, ademáis, non estás só ¿qué máis podes pedir? esperamos ansiosos a parte III e seguintes. bikasos!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *