Feb 24, 2016 - Escritura Creativa    No Comments

Track 26: Suspicious Minds

51tPzWxCDXL

A caza do asasino entra na súa recta final, pero semella que cada un dos tres sospeitosos ten motivos máis que suficientes para ser o executor que se esconde tralo seudónimo de Jimmy Zoso. Só hai unha forma de demostralo…

Villa | Dresden

A carreira para atrapar ao asasino comezara de verdade. Gracias ao inxenioso plan de Antón, a investigación dera un paso de xigante, pero existía un risco que a Torreira lle seguía corroendo por dentro: só un dos sospeitosos era o asasino, o cal implicaba que os outros dous eran potencialmente as súas próximas vítimas.

O lado bo era que por primeira vez podían tratar de anticipar os seus movementos e, nos pronósticos máis optimistas do inspector, evitar o seu próximo crime. O lado malo era que, mirasen como mirasen aos sospeitosos, todos eran igualmente culpables. ¿E se artellaran os tres unha vinganza conxunta? Era demasiado rebuscado, pero posible. Tiñan que priorizar e apostar por algún. Ese bastardo non podía saírse coa súa.

– Varela, poñamos a Antón ao día coa información que reunimos dos tres sospeitosos.

– Alfonso Sánchez -comezou Varela, amosando unha foto de arquivo do profesor-, de 60 anos, natural de Padrón. O colexio La Salle foi o seu segundo destino. Tiña 28 anos cando ocorreron os feitos, era o máis novo do claustro. Segundo os alumnos, era un mestre de métodos modernos ao que lle custaba aceptar as ríxidas directrices da señorita De la Torre. Trala acusación de Señarís, a directora destruíu as cintas e despediuno. Non interpuxo denuncia a cambio de que él non ensuciase o nome do colexio. Deixou a docencia e montou unha libraría en Padrón.

– ¿Sabemos cómo se librou o sacerdote do castigo da directora? -preguntou Antón, intrigado.

– Segundo Antonio Rodríguez, o profesor de matemáticas -respondeu o inspector-, Señarís podía convencer a calquera do que quixese. A directora tiña profundas ideas relixiosas, así que ao clérigo bastoulle con xustificar o seu retorcido castigo citando varios pasaxes da Biblia.

– E por se iso non funcionaba, ameazou a Rosario De la Torre con denunciala por encubrir os abusos de Alfonso Sánchez. A directora aceptou a chantaxe e, aínda que me costa crelo, Señarís non volveu a exercer de avogado do diaño.

– Os motivos de Alfonso Sánchez para querer matar ao cura e á directora son evidentes -resumiu Antón-. Se a iso lle engadimos que foi Iolanda López quen o delatou, temos ao candidato perfecto, ¿non?

– Esqueces que Iolanda tamén delatou a Miguel Fuentes e Xaime Silveira -sinalou Varela-. Os dous eran repetidores, polo que non gozaban da simpatía da directora, e moito menos de Plácido Señarís. Todos os alumnos coincidiron en que o sacerdote odiaba a Xaime Silveira. Nunha ocasión, o alumno fixo un comentario frívolo sobre a Ouija e as invocacións satánicas, e o clérigo respondeulle que a súa actitude só podería ser curada cun exorcismo. Cando Iolanda sinalou a Silveira coma un dos seus agresores, Señarís viuno como unha oportunidade para castigar ao rapaz abusando del.

– ¡Entón este é o noso home! -apresurouse a dicir Antón.

– Non tan rápido, rapaz -cortouno Torreira-. Agora é cando isto se pon interesante. Miguel Fuentes tampouco era santo da devoción de Señarís. Ao cura non lle gustaba que Fuentes acudise as súas clases co pelo largo e ataviado con camisetas de rock de mensaxes ofensivas. ¿Adiviñas cáles eran os seus grupos preferidos?

– ¿Jimi Hendrix, os Rolling Stones e Alice Cooper? -preguntou Antón, boquiaberto ao ver que Torreira asentía.

– Fuentes tamén pode ser perfectamente o noso home.

– Non podemos descoidar a ningún dos tres -concluíu Torreira-. Varela, reúne ao resto de axentes e fala coa comisaría de Padrón. Mandaremos unidades aos domicilios dos tres sospeitosos. Agora nós temos a iniciativa.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

Got anything to say? Go ahead and leave a comment!