Dic 31, 2013 - Crónica    No Comments

“En Alemania, cousas verás…”

Feliz 2014!!!!!

… “que en España nunca farás”. Así podemos resumir este último post do ano, un ano de asentamento en Dresden no que o manexo do idioma foi mellorando e no que vivín momentos de incertidume no traballo, pasando dunha mini-crise na empresa á estabilidade en poucos meses, para que vexades que alí tamén afectan os problemas económicos, aínda que lle dan menos publicidade ca nós. E xa que remata o ano, aproveito para recapitular unha serie de curiosidades que nos deixa o día a día na sociedade alemana… Curiosidades da vida entre bárbaros. Read more »

Dic 15, 2013 - O Rincón de Villa    4 Comments

Recuerdos del pelo largo…

Alberto Cereijo (Los Suaves) co seu deseño Guitar Calavera

Aproveito o peche do ano para recapitular as entrevistas a guitarristas que fixen durante 2013 para a páxina web Guitar Calavera. Nela podedes mercar orixinais deseños exclusivos para amantes da guitarra e a música rock en xeral, ademais de atopar información sobre o panorama rock español, comprar entradas para concertos… Este post, que ía ser simplemente unha recopilación de entrevistas, converteuse nunha homenaxe ás raíces musicais da miña infancia, protagonizados polos meus irmáns, os Indecisos, Rockin’13… ¡Adiante, está aberto!

Read more »

Nov 4, 2013 - Opinión    No Comments

Por un ensino público e de calidade

Ensino público e de calidade

Pouco antes de chegarmos ao Samaín, e en plena resaca da folga xeral no ensino, déuseme por lanzar unha sincera e enrabietada homenaxe ao ensino público a través das redes sociais. Unha mensaxe en forma de redacción que hoxe comparto aquí tamén con vós, farto de ler e ver un e outro ataque a todo aquilo que os nosos pais e avós foron conseguindo para permitir que moitos de nós poidésemos ter acceso aos estudios secundarios, carreiras, Másters e demáis formación de xeito gratuito ou cando menos, económico e á altura de todos.

Read more »

“Nuestro país nos pone trabas, pero nosotros no nos las ponemos”

Francesca, Eloy, Alberto, Rubén y Alba con las maletas listas

En plena resaca das eleccións xerais en Alemania, tanto a opinión pública xermana coma os debates entre os principais candidatos (Angela Merkel da CDU e Peer Steinbrück do SPD) apenas se centraron na Unión Europea e na problemática do desemprego no vello continente. Aproveitando a excusa que nos brindan as eleccións, conversamos con 12 mozos españois e italianos que viven e traballan na cidade alemana de Dresden, para pulsar os motivos que os levaron a emigrar a Alemania e as posibilidades que o país xermano lles brindou desde a súa chegada. Para facilitarlle-la lectura aos seus protagonistas, imos ter o detalle de conta-la en castelán.

Read more »

Jun 4, 2013 - Crónica    2 Comments

O ano que vivín entre bárbaros

Vista panorámica dun bárbaro en Dresden

O 28 de maio cumprín un ano por terras alemanas. Tirando de tópicos, o tempo pasa moi rápido, pero o certo é que este primeiro ano en Dresden deu moito de sí. De saber dicir “hola e adeus” en alemán cando cheguei, pasei a poder manter conversas sobre temas un pouco máis profundos que o tempo ou a comida. Neste ano tamén puiden descubrir costumes interesantes dos alemáns, algunhas celebracións típicas e descoñecidas para nós… e mesmo comprobar cómo as condicións sociais e laborais son moitos mellores aquí que na terriña. Eso sí, na comida, ninguén nos gaña.

Read more »

Abr 15, 2013 - Crónica    1 Comment

¡Os alemáns son coma nenos!

Celebrando a Pascua en Viena

A celebración da Pascua en Alemania fíxome retroceder aos anos do ensino primario, cando os nosos mestres nos ensinaban a preparar e respetar as celebracións e tradicións de cada festividade. E é que os alemáns viven cada data sinalada sacando a súa version máis infantil, entregándose aos praceres dos doces típicos e respetando con cerimoniosa entrega as tradicións e rituais de cada celebración. Read more »

Feb 26, 2013 - Reportaxes    No Comments

O Correo Galego, 23 de febreiro

O Correo Galego, 23 de febreiro de 2013

O pasado sábado 23 de febreiro, o compañeiro do Correo Galego, Fernando Franjo adicoume unha reportaxe na sección “Os outros peregrinos” do citado xornal, na que conta un pouquiño a miña integración a Dresde e á vida laboral alemana, ademais dos motivos que me levaron a converterme nun home de carreira emigrado. Read more »

Feb 18, 2013 - Crónica    No Comments

Atención: ¡cliente!

Atención: ¡cliente!

Xa que estivemos en tempos de Entroido aproveito poñer a careta de sociólogo no blog e facer un modesto retrato das diferencias que fun atopando entre o carácter latino e o carácter xermano, ás veces rachando os tópicos, outras comprobando que son ben certos. Reflexións que foron agromando agora que levo xa case 9 meses por terras alemanas, convivindo con xente daquí pero tamén doutras nacionalidades, e traballando ademais nunha empresa de proxección europea, en contacto diario con clientes de moitos sitios distintios. Aproveito que acabamos de deixar atrás o Entroido para rematar esta entrada cunha pequena escolma de nomes e situacións curiosas que me fun atopando no traballo nestes meses.

Read more »

Dic 10, 2012 - Crónica    2 Comments

Xa é Nadal, ¡no corte alemán!

Dresden Weihnacht Markt

A Navidade chegou a Alemania. Aquí, coma no Corte Inglés, faino antes que no resto do mundo. Desde principios de novembro a xente xa comeza a falar do glühwein, os Christollen, os mercados de Nadal, a neve, a Weihnacht e o día de Silvester. Ireivos explicando nesta entrada qué cada cousa. E é que aquí, en Alemania, como me dixo alguén fai uns días: quen non vive o Nadal “fáltalle algho por dentro”. ¡Entrade que invito eu!

Read more »

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Páginas:«12345678...15»