Símbolo da Cruz Vermella Española, ONG de carácter internacional

Durante dez días fun comercial

Onte fun á Gran Vía, á sede da empresa Positive Marketing, para a que traballei durante dez días como comercial da Cruz Vermella, a recoller “o resultado” desa pequena colaboración desinteresadamente interesada. Se queres ver cómo é o traballo dun comercial por dentro, ¡¡dalle a ler máis!!

Villa | Madrid

Pois sí, durante dez días fun comercial. Podería ser parte dun reality show da TVG chamado “Cómo ser comercial e non morrer no intento”, “Comercial último modelo” ou mesmo “10 días pateando as portas de medio Madrid”… pero non, foi parte da miña vida laboral durante uns días aló polo mes de novembro, consecuencias da crise ou da nova realidade laboral de esta nuestra nación.

O caso é que cando un pensa en ser comercial para a Cruz Vermella, invádelle primeiro un sentimento de responsabilidade e segundo, unha gran duda… ¿por qué a Cruz Vermella, sendo unha organizacion sen ánimo de lucro, precisa comerciais? ¿Para qué son exactamente e a qué se adican? A resposta, tívena o día da entrevista con Positive Marketing. Moito bo rollo, moita modernidade e moito “somos guays y vamos a vender mucho, tíos”. ¿Vender? ¿Na Cruz Vermella? ¿Pero qué carallo vende a Cruz Vermella?

Todas estas dúbidas e respostas fóronse descubrindo soíñas co paso dos días. O primeiro, antes de saír á rua “a captar socios” (na nomenclatura oficial), e a “facer ventas” (na linguaxe coloquial), foi un mini curso de técnicas de marketing na que o único que oías era o volume da música saturándoche os oídos. Positive Marketing le dicen los entendidos, oiga. Nesa “hora de formación” (tal cuál), ensinábannos aos novos comerciais a “entrarlle” ao cliente. El “pitch”, que le dicen los que saben. Falo en trilingüismo para que todos me understendeades.

O pitch constaba de tres fases, o saúdo, que se resumía nun “hola no te preocupes que no vengo a venderte nada” (JA!); a presentación, que podería quedar nun simple “somos de la Cruz Roja y estamos ayudando a la gente que se ha quedado sin techo”; e por último, a estocada (aquí en el centro te son muy de toros, aunque los de provincias no lo entendemos), que se resume nun “así que venía a apuntarte para colaborar con la campaña”.

Positive Marketing

O caso é que, unha vez introducido no mundo do marketing positivo, soltáronme aos portais dun edificio de Aluche, a petar nas portais de todo tipo de xente: inmigrantes sudamericanos, principalmente, e clase media española, iba a dicir, traballadora, pero se vos digo a verdade, a maioría, traballaban para o INEM.

O obxectivo do día, era unha venta ao mediodía, e outra pola tarde, a poder ser. Por cada socio novo, o comercial levaba unha comisión, se o socio era español puntuaba nunha especie de competición para ver quén facía máis ventas de “españois”. Ao chegar a 15 españois nun mes, había bonificación extra para o comercial de turno. Disque era moi difícil facer socios españois, por iso se “estimulaba” a heroicidade. Vamos, que saíamos á caza do español.

Unha vez no ruedo, comprobei que o carácter solidario, de esta nuestra nación, deixa bastante que desexar, vamos, que brilla pola súa ausencia. En dez días fixen uns doce ou catorce socios, algún que outro español (un médico e un enfermero, entre eles, lévanos na profesión e a verdade, nótase), e sobre todo, moito inmigrante. É sorprendente a iniciativa e as poucas dúbidas que tiñan a meirande parte dos inmigrantes primeiro, para escoitarche, e segundo, para colaborar humildemente (que era o que se lles pedía a todos) no que poidesen.

Estando de comercial para unha causa humanitaria, daste de conta de que o que menos ten é o que máis da. Recordo un rapaz marroquí que se apuntou todo encantado case sen contarlle nada, un brasileño e un búlgaro que estaban no paro, sen papeis, e que non dudaron en apuntarse (non podían, pero estaban igualmente dispostos, ¡¡¡estando no paro!!!)… Iso, sí, tamén recordo as malas contestacións e borderías de moita xente. Con outros, tamén é certo, desfrutei de agradables conversas e da súa conciencia solidaria, pero sorprendeume gratamente a boa disposición da comunidade inmigrante, e as malas pulgas de moito español.

O que máis me encendeu, á marxe da visión en termos de venta e do escaso tacto con que moitos dos compañeiros afrontaban un traballo no que se facía “carto fácil”, foi un caso que me ocorreu co meu surpervisor, un rapaz de 19 anos cuio soño é ser comercial, algo plenamente respetable. O que non me gustaron foron as formas. Sobre todo no episodio que vos vou a contar.

¿Y a la Cruz Roja quién le ayuda?

Fago un inciso para aclarar que non me penso ir agora de máximo defensor da Cruz Vermella nin de bo samaritano, considero que fan un traballo imprescindible e necesario, pero quizais a forma na que captan socios deixoume un pouco decepcionado. En fin, supoño que serán danos colaterais máis ou menos asumibles. Ao caso.

Nun dos meus últimos días no traballo, a lei da probabilidade levoume a petar na porta da casa da filla do primeiro socio que tivo a Cruz Vermella, ou iso aseguraba ela. É o de menos. O caso é que Ana, que así se chamaba a muller, estaba prexubilada, cobraba unha pequena pensión xunto co seu marido, e tiñan á súa filla no paro. Un caso moi típico na España de hoxe. Despois de presentarlle a campaña e lanzar o pitch que xa me sabía de memoria, a muller díxome que a súa situación non era a mellor, pero que o levaba nos xenes e que ía colaborar modestamente. “Apúntame con 10 euros ao mes”, díxome.

Fago outro inciso para aclarar que nas tarifas de comerciais, 10 euros era o mínimo que pedíamos. Con 5 euros ao mes nin o comercial nin Positive Marketing percibían comisión, pero a Cruz Vermella, entendo eu que agradecería eses 5 euros, ¿non?. Continúo. Co consentimento de Ana, procedín a cubrir a súa ficha de socio. Nese momento chegou o seu marido, que ao verme me preguntou quén era e qué facía. Entre Ana e máis eu explicámosllo, e o majo do señor dixolle a Ana: “tú sabrás lo que haces”, para a continuación espetarlle un: “¿10 euros? Ponles 5 o no lespongas nada”.

Eu, claro, flipando. A muller quería colaborar, e quería poñer 10 euros. Ao marido, dáballe exactamente igual a opinión da súa muller, nin sequera quixo escoita-la. E a min, claro que me gustaría que a muller puxese 10 euros porque así eu gañaba comisión, pero ao final tiven que anota-la con 5 euros ao mes porque Ana cedeu ás presións do seu marido. O que me dou rabia foi que o aceptase sen máis e que non tivese a valentía e o criterio propio de poñer 10 euros, ou cando menos de rebati-lo. Noteina, non sei se asustada, pero sí moi cohibida ante o arrebato do seu “esposo”.

Total, que saín dahí un pouco apenado por Ana, e dixirínme ao punto de encontro cos meus compañeiros para poñer en común “as ventas” desa mañá. Ese día levaba tres socios, entre eles Ana. Entregueille as follas ao meu supervisor, que dixo algo así como: “Ah, qué bien, uno de 10, otro de 15, y… no, esta de 5 no te la paso“. Ahí xa me encendín. Por Ana.

– ¿Cómo que no me la pasas?”, pregunteille.

– “Con una de 5 euros no cobras nada. Ni tú, ni yo, ni la empresa”, respondeume.

– Me da igual -dixenlle. Ella quería colaborar con 10 euros, llegó su marido y le dijo que sólo 5, no pueden dar más pero ella quiere colaborar.

– No procesamos solicitudes de 5 euros -insistiu.

¿Pero aquí de qué se trata? -solteille. ¿de captar socios y reunir fondos para la Cruz Roja o de que tú y yo cobremos comisiones? Esta solicitud la pasas, y si alguien te dice algo, los remites a mí y se lo explico. Son 5 euros que van a la Cruz Roja, y punto.

Dito esto, recolleu as solicitudes e non dixo nada máis. Ese día decidín que iba a deixar o traballo. Unha cousa é que todos gañemos unha comisión facendo socios para a Cruz Vermella, e outra é que non teñamos respeto pola xente que fai un esforzo por colaborar e despreciemos a súa axuda. Supoño que a Cruz Vermella non terá coñecemento destas cousas, pero pareceume un feito bastante lamentable. E máis despois do incidente co marido de Ana. Esa muller quería colaborar, e por moi modesta axuda que fosen 5 euros ao mes, de algo valerán. Aínda que vendo o que hai detrás, un xa duda de si eses cartos chegan todos ao seu destinatario. Da moita rabia.

No seu libro “El arte de empezar”, Guy Kawasaky di que “una buena persona hace lo correcto, no lo fácil”, e desenvolve unha teoría pola cal, se fas boas accións, acumulas puntos “bos” no teu karma, e iso acaba repercutindo de xeito positivo en ti. Eu non sei se fixen unha boa acción ou se son mellor ou peor persoa, pero aos poucos días de deixar ese traballo, atopei outro, no que aínda sigo e no que estou a gusto, aínda que non sexa “do meu”.

Onte fun a recoller o informe das comisións que gañei durante eses dez días na Cruz Vermella. Ao final da lista aparecían as “aportacións no válidas”. Entre elas, a de Ana, e tamén a doutra persoa, que “baja su aportación a 5 euros”, segundo aparece no parte de incidencias. Ao carón do parte, no apartado de comisións, na fila de Ana pon 0 €. Dame igual, o único que me gustaría é que no rexistro de socios da Cruz Vermella, houbese un listado de “aportacións puras”, sen intermediarios, no que o nome de Ana fose o primeiro da lista. Espero que eses 5 euros ao mes estean chegando a onde Ana e máis eu queremos que cheguen. Terei que quedar ca duda, pero cando menos, podo escribir isto ca conciencia tranquila.

 

Diego Villaverde

Xornalista, aspirante a escritor e opositor de Lingua Castelá e Literatura afincado en Alemaña. Leo máis do que escribo e escribo máis do que estudo.

3 comments

  • Pablo di:

    Joder… lo he leído y me he emocionado y todo con la historia de Ana. Bravo! (Puntualizo: Leer los últimos párrafos y que suene Parisienne Walkways de fondo ayuda a crear la atmósfera propicia para que se de la emoción.)

  • Ana di:

    Increíble. Que injusticia. Yo doy 5€ al mes a Aldeas Infantiles. Espero no estar en su lista de aportaciones “no validas”!! Da que pensar. A veces es preferible darle el dinero a quien lo necesta directamente en mano, al menos sabes a quien se lo das, haga lo haga con el dinero y no a través de estas insittuciones supuestamente “solidarias”.

    • admin di:

      Sinceramente espero que o de “non válidas” só se aplique para o comercial de turno, e que eses cartos estean chegando ao seu destinatario!! Da que pensar, da jeje…

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *