Browsing "Crónica"
Mar 19, 2017 - Crónica    No Comments

O Panometer e a destrucción de Dresden (1945)

rundbild-dresden-1945-lockt-rund-160-000-besucher-an_pdabigteaser

Con motivo da celebración do meu cumpreanos, tiven a oportunidade de visitar o Panometer Dresden, un antigo depósito de gas reconvertido nun recinto que acolle distintas exposicións do artista Yadegar Asisi en 360° e a escala 1:1. A exposición “DRESDEN 1945” recrea a destrucción da cidade tralos bombardeos de febreiro de 1945, unha época histórica sobre a que sempre me sentín atraído. Read more »

Jul 21, 2015 - Crónica    No Comments

De cando fun utilizado por unha revista alemá


trabajar-en-alemaniaDespois da miña particular longa noite de pedra, retomo os posts no meu benquerido blog “O Xornalismo está -e segue- nos bares”. A ausencia de entradas nos últimos meses ten unha xustificación. Por suposto, nin deixei de ir aos bares, nin deixei o xornalismo. É máis, pode que nos últimos tempos comezase a reconciliarme con él. Non, a xustificación é que lle puxen os cornos ao meu blog con outro, éste do diario dixital Praza Pública. Pensei que ía dar feito cos dous a un tempo, pero outras ocupacións paralelas quitáronme o tempo que habitualmente viña adicando a este blog e ao final, nin un nin outro. Read more »

Oct 23, 2014 - Crónica    2 Comments

Cerrado (casi) por insolvencia

 

Cerrado por insolvenciaDesde o mes de xuño traballo nunha empresa insolvente. Sí, así é. A crise tamén chegou a Alemania, cando menos ao lado pobre, ao Este, á Polonia alemana, ao lado soviético… Si ao final vai resultar que a culpa sempre foi dos comunistas. Bromas á marxe, a dirección da empresa, comunista ou non, demostrou unha gran incompetencia nos últimos anos, reafirmando a máxima de que ter cartos non che convirte nun bo xestor. As malas decisións, basadas máis na cabezonería persoal que en criterios empresariais, acábanse pagando e desde fai uns meses, mantiburi GmbH está en venta buscando inversores que queiran poñer cartos para salvar o negocio. Tratarei de contarvos cómo funciona o asunto cando unha empresa alemana se declara insolvente.
Read more »

Mar 20, 2014 - Crónica    2 Comments

A ti…MULLER

Tódolos días son 8 de marzo

O pasado 8 de marzo, con motivo da celebración do Día Internacional da Muller Traballadora, participei case por casualidade aquí en Dresden nunha actividade reivindicativa contra a reforma da Lei do Aborto de Albertito I El Progre. Se ben a sociedade alemana é moi dada a conmemorar os “días de”, algo do que non son moi partidairo, sorprendeume gratamente que unha asociación alemana se interesase pola polémica decisión do goberno cada-vez-menos-popular do noso querido Marianito Facilidad de Palabra. Este feito motivoume a desgranar e reflexionar sobre o rol da muller na ala este da sociedade alemana. E é que desgraciadamente, non tódolos días son 8 de marzo.
Read more »

Dic 31, 2013 - Crónica    No Comments

“En Alemania, cousas verás…”

Feliz 2014!!!!!

… “que en España nunca farás”. Así podemos resumir este último post do ano, un ano de asentamento en Dresden no que o manexo do idioma foi mellorando e no que vivín momentos de incertidume no traballo, pasando dunha mini-crise na empresa á estabilidade en poucos meses, para que vexades que alí tamén afectan os problemas económicos, aínda que lle dan menos publicidade ca nós. E xa que remata o ano, aproveito para recapitular unha serie de curiosidades que nos deixa o día a día na sociedade alemana… Curiosidades da vida entre bárbaros. Read more »

Jun 4, 2013 - Crónica    2 Comments

O ano que vivín entre bárbaros

Vista panorámica dun bárbaro en Dresden

O 28 de maio cumprín un ano por terras alemanas. Tirando de tópicos, o tempo pasa moi rápido, pero o certo é que este primeiro ano en Dresden deu moito de sí. De saber dicir “hola e adeus” en alemán cando cheguei, pasei a poder manter conversas sobre temas un pouco máis profundos que o tempo ou a comida. Neste ano tamén puiden descubrir costumes interesantes dos alemáns, algunhas celebracións típicas e descoñecidas para nós… e mesmo comprobar cómo as condicións sociais e laborais son moitos mellores aquí que na terriña. Eso sí, na comida, ninguén nos gaña.

Read more »

Abr 15, 2013 - Crónica    1 Comment

¡Os alemáns son coma nenos!

Celebrando a Pascua en Viena

A celebración da Pascua en Alemania fíxome retroceder aos anos do ensino primario, cando os nosos mestres nos ensinaban a preparar e respetar as celebracións e tradicións de cada festividade. E é que os alemáns viven cada data sinalada sacando a súa version máis infantil, entregándose aos praceres dos doces típicos e respetando con cerimoniosa entrega as tradicións e rituais de cada celebración. Read more »

Feb 18, 2013 - Crónica    No Comments

Atención: ¡cliente!

Atención: ¡cliente!

Xa que estivemos en tempos de Entroido aproveito poñer a careta de sociólogo no blog e facer un modesto retrato das diferencias que fun atopando entre o carácter latino e o carácter xermano, ás veces rachando os tópicos, outras comprobando que son ben certos. Reflexións que foron agromando agora que levo xa case 9 meses por terras alemanas, convivindo con xente daquí pero tamén doutras nacionalidades, e traballando ademais nunha empresa de proxección europea, en contacto diario con clientes de moitos sitios distintios. Aproveito que acabamos de deixar atrás o Entroido para rematar esta entrada cunha pequena escolma de nomes e situacións curiosas que me fun atopando no traballo nestes meses.

Read more »

Dic 10, 2012 - Crónica    2 Comments

Xa é Nadal, ¡no corte alemán!

Dresden Weihnacht Markt

A Navidade chegou a Alemania. Aquí, coma no Corte Inglés, faino antes que no resto do mundo. Desde principios de novembro a xente xa comeza a falar do glühwein, os Christollen, os mercados de Nadal, a neve, a Weihnacht e o día de Silvester. Ireivos explicando nesta entrada qué cada cousa. E é que aquí, en Alemania, como me dixo alguén fai uns días: quen non vive o Nadal “fáltalle algho por dentro”. ¡Entrade que invito eu!

Read more »

Oct 6, 2012 - Crónica, Opinión    4 Comments

As horas extra da “xeneración perdida” (parte II)

Alemania e España

Esta entrada é a continuación da primera parte, que podes ler aquí. Nela, comecei a falar do diferente tratamento que teñen as horas extra en Alemania e en España, partindo da miña experiencia laboral nos dous países. O que comezou sendo iso rematou sendo unha reflexión sobre o papel que a sociedade nos está asignando aos mal chamados membros da “xeneración perdida”. Read more »

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Páginas:12»